libro de Pier Paolo Pasolini From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha vida violenta[1] é unha novela en lingua italiana escrita por Pier Paolo Pasolini e publicada en 1959 polo selo editorial Garzanti co título orixinal de Una vita violenta.
Unha vida violenta | |
---|---|
Título orixinal | Una vita violenta |
Autor/a | Pier Paolo Pasolini |
Orixe | Italia |
Lingua | Italiano |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Garzanti Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1959 2012 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 400 |
ISBN | ISBN 978-84-939647-6-4 |
Tradución | Gonzalo Vázquez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducido ao galego por Gonzalo Vázquez[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.[1]
Pasolini comezara a traballar na obra en 1955, coa intención de continuar o proxecto iniciado con Ragazzi di vita, é dicir, seguir a explicar as condicións de vida da mocidade na emerxente periferia urbana de Roma. Por consello do editor, o autor suprimiu algún feito escabrosos e conflitivos politicamente.
A obra quedou finalista do premio Strega de 1959, entregado a Il Gattopardo de Giuseppe Tomasi di Lampedusa.
A novela narra a historia dun mozo, Tommaso Puzzilli, que vive na periferia romana de Pietralata. El, e tamén os seus compañeiros, sabe o que é pasar fame e coñece así mesmo a delincuencia, o crime organizado e a prostitución. Trata tamén da degradación cara a un comportamento violento e bárbaro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.