URO VAMTAC
From Wikipedia, the free encyclopedia
O URO VAMTAC (Vehículo de Alta Mobilidade Táctico) é un vehículo todo terreo e multiuso con tracción ás catro rodas, fabricado pola empresa galega Uro en Santiago de Compostela. O VAMTAC está deseñado para uso militar malia que pode ser adquirido tamén para uso civil. A súa produción comezou en 1998, e segue na actualidade.
O VAMTAC ten sido comparado co Humvee estadounidense e co GAZ-2975 ruso polas súas características semellantes.
O Exército de Terra de España conta cunhas 2900 unidades. Tamén é empregado polo Exército do Aire de España, pola Unidade Militar de Urxencias, pola Garda Civil, polo SAMUR, polo Corpo Nacional de Policía, e polos exércitos de Portugal, Bélxica, Romanía (62 unidades), Marrocos (1200 unidades), Venezuela, Tailandia, Malaisia (85 unidades), Ghana, Irlanda (4 unidades) e República Dominicana.
A versión máis nova e potente do VAMTAC, denominada S3, conta cun motor diésel de 6 cilindros en liña, cunha cilindrada de 3'2 litros e 188 cabalos de potencia, tracción ás catro rodas, cambio de 5 velocidades, suspensión independente nas 4 rodas, freos de discos, depósito de 110 litros de combustible e velocidade máxima de 135 quilómetros por hora.
A estrutura modular da carrozaría fai que poida ser adaptado para diversas funcións, como carga de materiais, transporte de persoas, ambulancia, cisterna, plataforma lanzamísiles, posto de mando e control etc.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: URO VAMTAC ![]() |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.