From Wikipedia, the free encyclopedia
Un tumor cerebral é un crecemento descontrolado e desproporcionado de células derivadas de compoñentes cerebrais (tumores primarios do cerebro), ou ben de células tumorais localizadas noutras áreas do organismo pero que invaden o cerebro (metástases). Os tumores poden ser de carácter benigno ou maligno, dependendo das súas características, isto é, da velocidade de crecemento, de se son quen de invadir estruturas a distancia (metastatizar), e de se poden ser resecados ou curar mediante o tratamento neurocirúrxico. A diferenza dos tumores doutros tecidos, a distinción entre manifestacións malignas e benignas non é tan clara, xa que algunhas lesións benignas poden ter certos comportamentos malignos. Os tumores malignos producen metástases. Outros tumores malignos noutras localizacións do corpo poden producir metástases no cerebro. Os tumores que máis adoitan producir metástases no cerebro son, por orde de frecuencia, os cancros de pulmón, mama, pel (melanoma), ril e sistema dixestivo, e adoitan medrar entre a unión do córtex e a substancia branca.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O grao de benignidade ou malignidade dun tumor, feito que determinará en grande medida a supervivencia do paciente, determínase baseándose nas características histolóxicas do tumor[1]. Os tumores benignos adoitan ter un crecemento lento, e as marxes deste están, polo xeral, ben delimitadas, feito que facilita a súa extirpación cirúrxica. Os tumores malignos, pola contra, adoitan medrar rapidamente e afectar a estruturas veciñas compromentendo a sobrevivencia e minguando o prognóstico do doente. Os tumores benignos son máis frecuentes que os tumores [2][3].
Os tumores primarios son os que se orixinan no cerebro, e non por metástase cerebral de cancros noutros órganos.
Os gliomas son tumores orixinados a partir das células gliais. Ademais de no cerebro, poden localizarse na medula espiñal. Segundo o tipo de célula glial da que proveñan, podemos diferenciar entre oligodendriomas (tumor dos oligodendrocitos), ependiomas (tumor das células ependimarias) ou astrocitomas (tumor dos astrocitos).
Os astrocitomas son os tumores intracraniais máis frecuentes, sendo o 30% destes cancros. Derivan dos astrocitos, un tipo de células da glía. Nos adultos adótanse presentar no propio cerebro, e nos nenos, pola contra, son máis frecuentes no cerebelo[4]. A OMS (Organización Mundial da Saúde, clasifica este cancro en catro graos. O grao I ten un prognóstico excelente, sendo a curación case que completa. Os graos III e IV teñen, pola contra, unha supervivenvia menor.
Grao | Histoloxía | Prognóstico |
---|---|---|
Grao I | Baixo grao | Prognóstico excelente |
Grao II | Astrocitoma propiamente dito | Variábel |
Grao III | Astrocitoma anaplásico | Potencialmente agresivos |
Grao IV | Glioblastoma multiforme | Mal prognóstico |
Son tumores derivados dos oligodendrocitos. Polo xeral adoitan ser máis benignos ca os astrocitomas. Este tipo de tumor representa o 6% dos gliomas, e adoita presentarse entre a cuarta e a quinta década da vida. A súa localización máis frecuente é nos lóbulos frontal e temporal[5].
Constitúen entre o 15 e o 20% dos tumores primarios intracraniais. Son máis frecuentes entre os 20 e os 60 anos de idade. Orixínanse nas células aracnoides das meninxes. Son moi frecuentes e polo xeral son de carácter benigno, xa que fican encapsulados e ben delimitados, non comprometendo estruturas veciñas. Poden aparecer en calquera parte do cerebro, tanto infratectorial coma supratectorial.
Os tumores secundarios ou metástases son aqueles que non se orixinan nas células do cerebro, se non que proveñen de células tumorais doutros órganos do corpo que posteriormente migran ao cerebro. As células tumorais poden chegar ao cerebro ben polo sangue, ben polo líquido cefalorraquídeo, ou ben polos ganglios linfáticos. A vía circulatoria é a máis habitual. O cerebro é o lugar predilecto do corpo para as metástases do melanoma e do cancro de pulmón microcítico (de células pequenas ou oat cell). No home, as metástases proveñen principalmente de cancros de pulmón, colon e ril. Nas mulleres, pola contra, veñen do cancro de mama, pulmón, colon e melanoma[6]. As metástases espinais ocorren no 5% dos doentes de cancro, sobre todo de cancro de mama, de próstata e o mieloma múltiple.
Os tumores cerebrais causan síntomas moi variados. Polo xeral, distínguense as manifestacións derivadas da hipertensión intracranial, e os síntomas derivados da expansión do tumor, estes últimos denominados signos ou trastornos focais, que dependen da estrutura anatómica afectada polo tumor.
Tamén denominados trastornos neurolóxicos non focais, xa que non dependen do crecemento do tumor senón que deriva da hipertensión cranial. Os máis frecuentes son:
Estas manifestacións son aquelas que dependen da localización anatómica do tumor, así como do seu tamaño e se afecta ou non a estruturas veciñas. Son manifestacións que orientan a localización da lesión.
O diagnóstico realízase mediante técnicas de imaxe como a TAC ou a resonancia magnética (RMN). Ámbalas dúas permiten coñecer a localización e o tamaño do tumor, ademais de suxestionar a natureza do mesmo. Así e todo, é a biopsia quen clasifica e identifica o tipo exacto de tumor.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.