From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos tricosurinos (Trichosurini) é unha tribo de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos e familia dos falanxéridos, unha das dúas en que se divide a subfamilia dos falanxerinos.[1]
Tricosurinos Trichosurini | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Trichosurus vulpecula | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||||||
|
Comprende un total de 8 especies, subdivididas en tres xéneros, Strigocuscus, Trichosurus e Wyulda,[1] coñecidas na bibliografía internacional, entre outros, cos nomes de cuscús e pósums.
Os tricosurinos teñen un tamaño comprendido entre o das ratas e os raposos (lonxitude de cabeza e tronco, entre os 32 e os 58 cm, lonxitude da cola, entre os 24 e os 38 cm). Teñen as orellas de tamaño mediano, triangulares, sen pelo, e repregábeis sobre si mesmas. A pelaxe é suave e densa, de cores moi variadas. A cola, sen pelo na parte inferior, é prénsil.
A tribo foi descrita en 1911 polo biólogo australiano Theodore Thomson Flynn en Papers and Proceedings Roy. Soc. Tasmania, 1911: 120.[1]
O nome científico Trichosurini está formado, segundo a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Trichosurus, coa adición da desinencia do latín científico -ini, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Pare ver a etimoloxía de cuscús, vexase Phalanger#Etimoloxías.
A tribo comprende os xéneros e as especies seguintes:[1]
Tribo Trichosurini Flynn, 1911 [1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.