A dos falanxerinos (Phalangerinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos, unha das dúas en que se divide a familia dos falanxéridos.[1]

Máis información FalanxerinosPhalangerinae, Clasificación científica ...
Pechar

Comprende un total de 24 especies, subdivididas en dúas tribos, a dos falanxerinos e a dos tricosurinos.

Características

Son pequenos marsupiais xeralmente arborícolas de nocturnos e omnívoros. Durante o día permanecen nos seus niños formados nos troncos ocos das árbores, dos que saen a buscar comida durante a noite. Teñen unha estrutura corporal repoluda; a cabeza é curta, co fociño acabado en punta; a cola está recuberta de pelos de manerira non uniforme; asúa parte inferior está a miúdo espida, en relación á súa función prénsil.

Taxonomía

Descrición

A subfalilia foi descrita en 1888 polo zoólogo británico Oldfield Thomas en Cat. Marsup. Monotr. Brit. Mus.: 126.[1]

Etimoloxía

O nome científico Phalangerinae está formado, segundo a norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Phalanger, coa adición da desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Clasificación

A subfamilia comprende as tribos e os xéneros seguintes:[1]

Subfamilia Phalangerinae

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.