Triópsidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos triópsidos (Triopsidae) é unha familia de crustáceos da clase dos branquiópodos, a única comprendida na orde dos notostráceos.[1] As súas especies coñécense como camaróns cágado.
Triópsidos Triopsidae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Triops longicaudatus | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
|
A familia foi descrita en 1909 polo xeólogo alemán Konrad Keilhack,[1] nun traballo publicado en Brauer's Süsswasserf. Deutschl. 10: 7.[2]
O nome Triopsidae está formado pola adición ao nome do seu xénero tipo, Triops, o sufixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
A familia comprende tan só dous xéneros:[1]
Ambos os dous xéneros considéranse fósiles viventes, xa que existen formas similares desde o Devoniano. O corpo está formado por tres tagmas: céfalon, tórax e pleon; os dous primeiros e parte do pleon están cubertos por unha casca dorsal, ancha e plana, en forma de escudo,[3] que oculta a cabeza. Esta casca fainos inconfundíbeis e recordan un pouco aos cangrexos de ferradura (orde dos xifosuros, da clase dos merostomados), animais mariños de moito maior tamaño.[4]
Teñen un par de ollos copostos, sésiles, e mais un naupliano. O abdome é longo, parece segmentado e leva numerosos pares de patas aplanadas. O tórax consta de 11 segmentos, cada un cun par de apéndices (toracópodos) de tipo filopodial, é dicir, aplanados, foliáceos e lobulados. O pleon consta de 13 a 33 segmentos, con 29 a 52 pares de apéndices (pleópodos), de estrutura similar aos toracópodos. O telson posúee un par de cercos anelados moi longos.
A plasticidade fenotípica entre os taxons dificulta a identificación a nivel de especie, e vese agravada aínda máis pola variación no modo de reprodución.
Son omnívoros que viven no fondo de pozas temporais e lagos pouco profundos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.