From Wikipedia, the free encyclopedia
O tren lixeiro é un sistema de transporte que utiliza o mesmo material rodante có tranvía, mais inclúe segmentos parcial ou totalmente segregados do tráfico, con carrís reservados, vías apartadas e nalgúns casos túneles no centro da cidade de características semellantes ás dun ferrocarril convencional.[1] Ten unha capacidade media de transporte a escala rexional e metropolitana, polo xeral menor có tren ou metro e maior có tranvía.[1][2] O tren lixeiro permite a conexión entre zonas peonís en núcleos urbanos e zonas rurais, creando ademais novos potenciais de desenvolvemento urbano.
O termo é unha tradución non literal do inglés «Light rail» (ou LRT, Light Rail Transit). Foi concibido pola US Urban Mass Transportation Administration (UMTA) (actualmente FTA - Federal Transit Administration) nos Estados Unidos para describir as transformacións que se estaban a levar a cabo nese país e Europa en materia tranviaria. En Alemaña, o termo usado é «Stadtbahn», que significa «ferrocarril urbano». Con todo, a UMTA finalmente adoptou o termo tren lixeiro para todos os sistemas modernos, mentres que aos tradicionais se lles segue a chamar tranvía.[3] Outros países con sistemas deste tipo seguen a empregar o termo tranvía.[4]
O máis difícil é determinar a diferenza entre un tren lixeiro e o tranvía. Hai unha gran cantidade de semellanzas entre as tecnoloxías e as máis delas pódense utilizar para ambos sistemas, e é común clasificar os tranvías como un subtipo do tren lixeiro e non como un tipo particular de transporte. As tres versións xerais son:
A elección por parte dunha cidade dun sistema de tren lixeiro baséase nas súas vantaxes e inconvenientes:
Os automotores rexionais lixeiros son unidades de ferrocarril en versións diésel ou eléctricas de unidade múltiple que operan en liñas principais e que en parte do seu percorrido saen a vías exclusivas en áreas urbanas. Utilízanse sobre todo para que os servizos rexionais e interurbanos poidan entrar nas cidades. Pertencen a unha nova xeración de «ferrocarrís lixeiros» modulares con deseños aerodinámicos que se fixeron moi comúns nalgúns países europeos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.