Os trastornos do neurodesenvolvemento son disfuncións no crecemento e desenvolvemento do cerebro ou sistema nervioso central. Caracterízanse por unha alteración ou variación no crecemento e desenvolvemento cerebral asociadas a unha disfunción cognitiva, neurolóxica ou psiquiátrica que manifestan desde a infancia segundo o individuo medra [1].
Dentro do concepto de trastornos do neurodesenvolvemento poden incluirse [2]:
- Trastornos de tipo sindrómico. Identifícanse clinicamente por un conxunto de síntomas ben delimitados e diferenciados doutros trastornos. Neste tipo de trastornos tamén adoita estar ben identificada a rexión xenética responsable dos mesmos, así como o patrón de trasmisión hereditaria. Exemplos deste tipo de trastornos son a Síndrome de Williams, a Síndrome X fráxil, a Síndrome de Prader-Willi, a Síndrome de Angelman, ou a Síndrome de Down.
- Trastornos asociados factores ambientais. A máis representativa destas condicións e a Síndrome Alcólica Fetal. Nos trastornos deste tipo, aínda sendo manifesta a existencia de elementos causais de tipo ambiental non debe excluirse o papel da posible interacción de factores xenéticos.
- Trastornos sen unha causa específica identificada. Trátase de condicións vencelladas a múltiples factores, de carácter máis heterexéneo que os anteriores, aínda que pola súa elevada heredabilidade estes parecen ser predominantemente xenéticos. O Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais, na súa última edición (DSM-5) incluíu dentro desta categoría: a Discapacidade Intelectual, os Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), os Trastornos Motores, os Trastornos da Linguaxe, o Trastorno da Aprendizaxe e o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Así mesmo a Clasificación Internacional de Doenzas, 11ª revisión (ICD-11) inclúe no apartado de trastornos do neurodesenvolvemento os Trastornos do desenvolvemento intelectual , osTrastornos do desenvolvemento da fala ou da linguaxe, o Trastorno do espectro autista, o Trastorno do desenvolvemento da aprendizaxe, o Trastornodo desenvolvemento da coordinación motora, o Trastorno por hiperactividade con déficit da atención e o Trastorno por movementos estereotipados.
Artigas Pallarès, J.; Narbona, J. (2011). Trastornos del Neurodesarrollo. Viguera. ISBN 9788492931033.
Artigas Pallarès, Josep; Guitart, Miriam; Gabau-Vila, Elisabeth (2013). "Bases genéticas de los trastornos del neurodesarrollo". Revista de Neurología 56 (Supl 1): 23–34.
Bibliografía
- Tager-Flusberg, Helen (1999). Neurodevelopmental disorders. Cambridge, Mass: MIT Press. ISBN 0-262-20116-X.
- Brooks, David R.; Walter Wolfgang Fleischhacker (2006). Neurodevelopmental Disorders. Berlin: Springer. ISBN 3-211-26291-1.