From Wikipedia, the free encyclopedia
Transit foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos.[1]
Os satélites Transit foron satélites desenvolvidos inicialmente pola Armada dos Estados Unidos para servir de axuda á navegación. O desenvolvemento comezou en 1958 e foron pensados para dar principalmente servizo aos submarinos Polaris aínda que despois comezaron a ser usados por axencias civís. O servizo prestado polos Transit deixou de funcionar como tal en 1996, substituído polos máis modernos GPS e Navstar. Lanzáronse entre 1959 e 1988.[1]
Os dous primeiros satélites Transit tiñan forma aproximadamente esférica e 119 kg de masa e estabilizábanse mediante xiro, producindo a súa enerxía mediante células solares na súa superficie. Transit 1A foi lanzado mediante un Thor Able 2 o 17 de setembro de 1959, pero non chegou a órbita por un fallo no foguete. Transit 1B foi lanzado exitosamente o 13 de abril de 1960 usando un Thor Ablestar. Foi o primeiro satélite que fixo un reacendido dos seus motores no espazo e demostrou a viabilidade de usar satélites como axuda á navegación.[2][1]
Transit 2A foi lanzado con éxito o 22 de xuño de 1960 a bordo dun Thor Ablestar, mentres que Transit 2B non chegou a ser lanzado nunca. Transit 2A, similar aos Transit 1, levaba entre os seus instrumentos, ademais dos transmisores de radio para navegación, un radiómetro para medir o ruído cósmico, un medidor infravermello e sensores de temperatura. A enerxía era producida por células solares alimentando unha batería de níquel-cadmio. Os transmisores funcionaban a frecuencias de 54, 162, 216 e 324 MHz.[3][1]
Transit 3A non chegou a órbita debido a un fallo no seu foguetes lanzadore, un Thor Ablestar, o 30 de novembro de 1960. Transit 3B foi lanzado xunto co satélite LOFTI 1 o 22 de febreiro de 1961, tamén mediante un Thor Ablestar, pero debido a un fallo dun compoñente electrónico os satélites non chegaron a separarse da última etapa do foguete, permanecendo o conxunto en órbita. Con todo, Transit 3B estivo transmitindo durante un tempo.[4][1]
Tanto Transit 4A como 4B foron lanzados con éxito mediante foguetes Thor Ablestar, o primeiro o 29 de xuño de 1961 e o segundo o 15 de novembro dese mesmo ano. A diferenza dos anteriores Transit, estes tiñan forma de cilindro de 109 cm de diámetro e 79 cm de alto, cunhas masas de 79 (Transit 4A) e 86 kg (Transit 4B). A enerxía eléctrica que os alimentaba proviña das células solares que recubrían as súas superficies. Os dous satélites levaban a bordo tamén fontes de enerxía nucleares SNAP 3 experimentais.[5][1]
Os tres satélites Transit de tipo 5A foron prototipos lanzados mediante foguetes Scout X-3 entre 1962 e 1963, co segundo satélite non chegando a órbita por fallo do foguete. Eran satélites máis pequenos que os anteriores, de forma cilíndrica e con catro paneis solares, ademais dun mastro despregable para estabilizar os satélites mediante gradente gravitatorio.[6][1]
Os tres satélites Transit de tipo 5BN eran similares aos 5A pero estaban alimentados exclusivamente mediante fontes nucleares RTG de tipo SNAP-9A. O 1 e o 2 foron lanzados con éxito en 1963 mediante foguetes Thor Ablestar, mentres que o terceiro non chegou a órbita por un problema co foguete lanzador, despois do cal decidiuse que o resto de satélites Transit usarían paneis solares.[7][1]
Transit-5C 1 foi lanzado o 4 de xuño de 1964 a bordo dun Scout X-4, mentres que a segunda unidade nunca foi lanzada. Era similar aos Transit 5A pero cun redeseño para maior eficiencia.[8][1]
Transit-5E 1 foi lanzado o 28 de setembro de 1963 mediante un Thor Ablestar, tiña unhas maas de 59 kg e catro paneis solares. Foi un satélite adicado máis á investigación, para estudar a contorna doutros satélites Transit.[9][1]
Transit-5E 2 foi lanzado o 21 de abril de 1964 mediante un foguete Thor Ablestar, pero non chegou a órbita por un fallo no foguete. A súa misión era similar á de Transit-5E 1.[10][1]
Transit-5E 3 foi lanzado con éxito o 5 de decembro de 1963 mediante un foguete Thor Ablestar cunha misión similar a Transit-5E 1 e 2. Funcionou ata o 19 de xullo de 1964.[11][1]
Transit-5E 4 debería ter tido unha misión similar ao resto de Transit-5E, pero finalmente foi cancelado.[12][1]
Transit-5E 5 foi posto en órbita mediante un foguete Thor Ablestar o 13 de decembro de 1964. Como o resto de satélites da serie, era un satélite de investigación adicado a estudar a contorna do resto de satélites Transit.[13][1]
Transit-O foi a denominación dos satélites Transit operativos. Lanzáronse 24 entre 1964 e 1988 dos 32 planificados inicialmente, cos oito restantes ou non sendo lanzados ou modificados para outras funcións.[14][1]
Transat foi a denominación do satélite Transit-O número 11, modificado para servir tanto como satélite de navegación como para usar o sistema experimental SATRACK para mellorar a precisión dos mísiles Trident C4. Durante o uso deste sistema, o satélite recibía e retransmitía sinais GPS para simular un mísil orbital e poder avaliar equipamento de terra relacionado con SATRACK.[15][16]
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] | Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] |
---|---|---|---|
Transit 1A | 17 de setembro de 1959 | Thor Able | Fallo |
Transit 1B | 13 de abril de 1960 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit 2A | 22 de xuño de 1960 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit 3A | 30 de novembro de 1960 | Thor Ablestar | Fallo |
Transit 3B | 22 de febreiro de 1961 | Thor Ablestar | Fallo parcial |
Transit 4A | 29 de xuño de 1961 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit 4B | 15 de novembro de 1961 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-5A 1 | 19 de decembro de 1962 | Scout X-3 | Éxito |
Transit-5A 2 | 5 de abril de 1963 | Scout X-3 | Fallo |
Transit-5A 3 | 16 de xuño de 1963 | Scout X-3 | Éxito |
Transit-5BN 1 | 28 de setembro de 1963 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-5E 1 | 28 de setembro de 1963 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-5BN 2 | 5 de decembro de 1963 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-5E 3 | 5 de decembro de 1963 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-5BN 3 | 21 de abril de 1964 | Thor Ablestar | Fallo |
Transit-5C 1 | 4 de xuño de 1964 | Scout X-4 | Éxito |
Transit-5E 2 | 21 de abril de 1964 | Thor Ablestar | Fallo |
Transit-5E 5 | 13 de decembro de 1964 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-O 1 | 6 de outubro de 1964 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-O 2 | 13 de decembro de 1964 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-O 3 | 11 de marzo de 1965 | Thor Ablestar | Fallo |
Transit-O 4 | 24 de xuño de 1965 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-O 5 | 13 de agosto de 1965 | Thor Ablestar | Éxito |
Transit-O 6 | 22 de decembro de 1965 | Scout A | Éxito |
Transit-O 7 | 28 de xaneiro de 1966 | Scout A | Éxito |
Transit-O 8 | 26 de marzo de 1966 | Scout A | Éxito |
Transit-O 9 | 19 de maio de 1966 | Scout A | Éxito |
Transit-O 10 | 18 de agosto de 1966 | Scout A | Éxito |
Transit-O 12 | 14 de abril de 1967 | Scout A | Éxito |
Transit-O 13 | 18 de maio de 1967 | Scout A | Éxito |
Transit-O 14 | 25 de setembro de 1967 | Scout A | Éxito |
Transit-O 18 | 2 de marzo de 1968 | Scout A | Éxito |
Transit-O 19 | 27 de agosto de 1970 | Scout A | Éxito |
Transit-O 20 | 30 de outubro de 1973 | Scout A1 | Éxito |
Transit-O 11 (Transat) | 28 de outubro de 1977 | Scout D1 | Éxito |
Transit-O 24 | 3 de agosto de 1985 | Scout G1 | Éxito |
Transit-O 30 | 3 de agosto de 1985 | Scout G1 | Éxito |
Transit-O 27 | 16 de setembro de 1987 | Scout G1 | Éxito |
Transit-O 29 | 16 de setembro de 1987 | Scout G1 | Éxito |
Transit-O 23 | 26 de abril de 1988 | Scout G1 | Éxito |
Transit-O 32 | 26 de abril de 1988 | Scout G1 | Éxito |
Transit-O 25 | 25 de agosto de 1988 | Scout G1 | Éxito |
Transit-O 31 | 25 de agosto de 1988 | Scout G1 | Éxito |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.