Totemismo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Totemismo

O totemismo[1] (do ojibwa: ototeman) é o conxunto de crenzas e expresións do espiritual e social ligada a un tótem.[2] Un «tótem» é un animal, un vexetal ou mesmo un obxecto fabricado que non só é considerado como o padriño dun grupo ou clan, senón tamén como un pai, un patrón ou un irmán. Deste xeito, un di ser parente do oso, da araña ou da aguia.[3]

Thumb
Rewe mapuche de Chile.

Definición

O totemismo é un concepto da antropoloxía en desuso, que denota unha relación metafísica, un sistema complexo de ideas, símbolos, ou prácticas entre un individuo ou un grupo social, e un animal (unha planta ou mesmo un obxecto).[4] Entende as relacións idealmente previstas entre dúas series, unha natural e a outra cultural. O totemismo é común en América e Oceanía, e, ó parecer, é unha crenza inherente ó ser humano primitivo, e non unha transmisión global transmitida entre culturas e grupos étnicos.

O tótem é un ser animado ou inanimado, do cal un grupo de persoas di descender.

Características

O totemismo non é considerado de xeito unánime como un fenómeno relixioso. Non se trata en realidade dunha relixión, xa que se expresa entre outras características, na adoración ós animais. O concepto de totemismo deuno a coñecer o escocés John Ferguson McLennan[5][6] en Londres en 1870 coa fórmula de que o totemismo é o fetichismo máis a exogamia e a filiación matrilineal.

O totemismo maniféstase en varias formas e tipos de diferentes contextos, sobre todo entre pobos que mesturaban a economía (cultivos e caza) e, especialmente, entre as comunidades de cazadores, como en Australia; tamén está presente en tribos que crían gando. O totemismo, de ningún xeito pode catalogarse como unha fase xeral do desenvolvemento cultural do clan, pero sen dúbida exerceu un efecto psicolóxico no comportamento de certos grupos étnicos, na súa socialización e na formación da personalidade humana.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.