From Wikipedia, the free encyclopedia
John Bain, nado o 8 de xullo de 1984 en Spennymoor, Inglaterra, e finado o 24 de maio de 2018, máis coñecido polos seus alcumes de TotalBiscuit, The Cynical Brit, e TotalHalibut, foi un comentarista e crítico de videoxogos, realizando o seu traballo principalmente nas plataformas de YouTube e Twitch.tv. Segundo Eurogamer, os seus vídeos sobre novos videoxogos indie e as súas análises regulares sobre novas relacionadas co mundo dos videoxogos levárono a conseguir unha considerable cantidade de seguidores.[1] O 13 de marzo de 2013 acadou o millón de subscritores na súa canle de YouTube, ocasión pola que publicou un vídeo de media hora de duración comentando diversos aspectos da súa vida.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-gb) John Peter Bain 8 de xullo de 1984 Spennymoor, Durham Inglaterra |
Morte | 24 de maio de 2018 (33 anos) Charlotte, Carolina do Norte |
Causa da morte | intestinal cancer (en) |
Lugar de sepultura | valor descoñecido |
Outros nomes | TotalBiscuit The Cynical Brit TotalHalibut |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Deísmo |
Educación | De Montfort University (en) |
Actividade | |
Ocupación | Comentarista de eSports, crítico de videoxogos |
Período de actividade | 2005 - 2018 |
Deporte | desporto eletrónico (pt) |
Disciplina deportiva | Hearthstone Starcraft II (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Genna Bain |
Fillos | Orion |
Premios | |
| |
A principal fonte da súa popularidade foi a súa canle principal de YouTube, sendo a súa serie máis popular a titulada "WTF is...?", na que amosaba as súas primeiras impresións sobre videoxogos de nova publicación.[3] Segundo Will Porter de Eurogamer suxeriu que a súa popularidade debíase ao "ton de autoridade" da súa voz,[1] mentres que o mesmo TotalBiscuit declarou que a chave do seu éxito eran a súa honestidade e personalidade.[3] En xaneiro de 2015 Totalbiscuit converteuse no primeiro curador da plataforma Steam, cuns 400 000 seguidores.[4]
Foi nomeado nos premios Golden Joystick de 2012 na categoría de Greatest YouTube Gamer,[5] e o 5 de decembro de 2014 recibiu o premio do público nos The Game Awards na categoría "Trending Gamer".[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.