Torre dos Escipións
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Torre dos Escipións (en catalá, Torre dels Escipions), é unha torre funeraria construída polos romanos nos arredores de Tarraco, antiga cidade romana que se corresponde coa actual cidade de Tarragona (España). A torre dos Escipións é un dos elementos do «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, sendo identificada a torre co código 875-010. É unha das tres torres funerarias romanas mellor conservadas da Península Ibérica, coa Torre Ciega (Cartaxena) e a Torre de Sant Josep (La Vila Joiosa).
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tarragona, España | |||
Localización | Crtra. N-340, km 1.169 | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 0,08 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2000 (24ª Sesión) | |||
Identificador | 875-010 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 28 de xullo de 1926 | |||
Identificador | RI-51-0000324 | |||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España, Zona Arqueológica | |||
Data | 28 de xullo de 1926 | |||
Codi BCIN | 2025-MH-ZA-EN | |||
Codi BIC | RI-51-0000324 | |||
Id. IPAC | 243 | |||
Id. IPAPC | 4277 | |||
Construída na metade do século I dC, a seis quilómetros da cidade de Tarraco, capital da Hispania Citerior, no trazado da Vía Augusta, a calzada romana que atravesaba toda a Península desde os Pireneos ata Gades, (Cádiz), é un dos monumentos funerarios máis importantes da época romana que aínda se conservan en toda a Península Ibérica.
É un monumento turriforme, con tres plantas superpostas en forma decrecente. Está construído con perpiaños rectangulares. No corpo intermedio hai dous relevos que representan ao deus de Frixia Atis divindade da morte e a resurrección, fillo de Pessinunte e ademais no mesmo nivel atópase unha cámara funeraria que acubillaba o enxoval do defunto. Mide na súa base 4,40 x 4,70 m..
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre dos Escipións |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.