Circo romano de Tarraco
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Circo romano de Tarraco é un edificio romano conservado na actual Tarragona. Construíuse impulsado politicamente polo Concilium provinciae Hispaniae citerioris, reunión anual dos representantes da provincia Citerior, moi preto do Forum Provincial de Tarraco, dentro do recinto amurallado no socalco inferior da Parte Alta da cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis. Constitúe, xunto con outras localizacións, o conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-004.
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tarragona, España | |||
Localización | Cidade de Tarragona | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 6 ha zona de protección: 27,5 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2000 (24ª Sesión) | |||
Identificador | 875-004 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 16 de maio de 1963 | |||
Identificador | RI-51-0001451 | |||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España | |||
Codi BCIN | 209-MH | |||
Codi BIC | RI-51-0001451 | |||
Id. IPAC | 226 | |||
Id. IPAPC | 11675 | |||
Historia
Foi construído no século I d.C. baixo o mandato do emperador romano Domiciano. Nel disputábanse as corridas de carros, xeralmente de dous cabalos (bigas) ou de catro (cuadrigas) conducidos polos aurigas. Empregouse coma circo durante trescentos anos. No século V habilitáronse partes do circo para reconvertelas en vivendas. No ano 1128 o recinto do circo era coñecido coma El Corral, e empregábase coma sede de feiras e transaccións comerciais. Durante as seguintes épocas foise construíndo enriba da súa estrutura orixinal ata quedar incrustado no mesmo centro urbano de Tarragona, o que posibilitou que sexa un dos mellor conservados do mundo.
Consérvase e é visitable a parte da cabeceira oriental, onde se sitúa a porta triunfalis e boa parte das bancadas. Ademais, son visitables varias das voltas interiores do circo, que aguantaban as bancadas superiores, cuxa dimensión conservada é tamén un récord sobre os demais circos romanos conservados. Estas voltas penetran en moitos casos nas entrañas do casco antigo.
Características técnicas
Capacidade: entre 25.000 e 30.000 persoas.
Forma arquitectónica: forma alongada con remates circulares.
Dimensións: 325 metros de longo e entre 110 e 115 metros de ancho.
Estrutura: está construído sobre fortes bóvedas de cemento que ademais de servir de apoio aos chanzos, ás escaleiras e á plataforma superior, formaban unha serie de corredores interiores que permitían distribuír aos espectadores pola instalación.
Estancias e partes do circo: Podium (muro de máis de 2 metros de altura que separaba a arena das bancadas); Carceres (estancias con saída á arena empregadas coma aparcadoiro para os carros); Spina (división lonxitudinal da arena con mármore e mosaicos); Porta Pompae (porta principal); Porta Livitensis (porta para a saída dos feridos); Pulvinar (tribuna presidencial); Caveae (bancadas, fieiras de asentos).
Véxase tamén
- Circo romano
- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Torre dos Escipións
- Teatro romano de Tarraco
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas
- Páxina web do concello de Tarragona (en catalán)
- Páxina turística de Tarragona (en catalán)
- Páxina do Museo de Historia de Tarragona Arquivado 08 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- Ficha en spanisharts sobre o Circo Romano de Tarraco Arquivado 28 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.