Remove ads

A Vía Augusta foi a calzada romana máis longa de Hispania, cunha lonxitude aproximada de 1.500 km percorrendo a costa mediterránea, dende os Pireneos ata Gades (Cádiz).

Thumb
Mapa da Vía Augusta en Hispania, entre Gades (Cádiz) e Narbo Martius (Narbona).

Ao longo da historia recibiu diferentes nomes: antes da súa construción xa era unha ruta natural coñecida dende o século VI a.C. co nome de Vía Heráclea, xa que acababa nas míticas Columnas de Hércules}. Tamén recibiu o nome de Camiño de Aníbal.

Remove ads

Percorrido

As principais cidades que unía eran: Gades (Cádiz), Portus Gaditanus (El Puerto de Santa María), Rotea (Rota), Ugia (Torre Alocaz, Utrera), Orippo (Dos Hermanas), Hispalis (Sevilla), Carmo (Carmona), Obucla (La Monclova, Fuentes de Andalucía), Colonia Augusta Firma Astigi (Écija), Adaras (La Carlota), Corduba (Córdoba), Iliturgi (Andújar), Mentesa Oretana (Villanueva de la Fuente), Saltigi (Chinchilla de Monte-Aragón), Libisosa (Lezuza), Ad Ello (Elda), Carthago Nova (Cartagena), Eliocroca (Lorca), Saetabis (Xàtiva), Valentia (Valencia), Saguntum (Sagunt), Intybilis (Sant Mateu), Dertosa (Tortosa), Tarraco (Tarragona), Aquis Vocontis (Caldes de Malavella), Gerunda (Xirona) e Narbonem (Narbona).

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads