Tombouctou

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tombouctoumap

Tombouctou[1] (en francés Tombouctou e na lingua Koyra Chiini Tumbutu; ás veces escrita Timbuktu) é unha cidade da rexión de Tombouctou, en Malí. Foi o centro intelectual e espiritual que favoreceu o espallamento do islam en África nos séculos XV e XVI. É a sede da prestixiosa Universidade Sankore, ademais doutras madrasas. As tres grandes mesquitas, Djingareyber, Sankore e Sidi Yahya, son os maiores expoñentes da idade dourada de Tombouctou, e aínda que foron restauradas en varias ocasións na actualidade corren risco de desertificación.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Tombouctou
Tombouctou (fr)
تمبكتو (ar)
Thumb
(1988)

Localización
Thumb Thumb
 16°46′24″N 2°59′58″O
EstadoMalí
RexiónTombouctou (pt)
Capital de
Poboación
Poboación35.330 (2012) (238,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie14.789 ha
Altitude261 m
Datos históricos
Evento clave
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural   África
Data1988 (12ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iv) e (v)
En perigo1990 - 2005 
Identificador119rev

Pechar

Debido á súa situación a uns 15 km ao norte do río Níxer, no cruzamento das rutas comerciais transaharianas dende o Sáhara ata Araouane, foi historicamente importante polo comercio de rochas de sal procedentes de Taoudenni. Tamén foi o punto de encontro entre os pobos no oeste africano, nómades bérberes, pobos árabes do norte e comerciantes xudeus. Este feito deulle á cidade un halo fabuloso, sendo recoñecida en moitos lugares coma unha terra afastada e exótica. Na actualidade, Tombouctou ten unha poboación pertencente ás etnias songhai, tuareg, fulbe e mandé.

A maior contribución de Tombouctou á civilización mundial e ao islam foi a súa produción cultural. Arredor do século XIV escribíronse e copiáronse moitos libros, e a cidade comezou a considerarse coma un lugar importante da tradición escrita en África. Por esta razón, a Unesco declarou a cidade e a rexión como Patrimonio da Humanidade no ano 1988.

Cidades irmás

Tombouctou está irmandada coas seguintes cidades:[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.