From Wikipedia, the free encyclopedia
A desertificación[1][2] é o proceso polo que un territorio que non posúe as condicións climáticas dos desertos remata adquirindo as súas características debido á destrución da súa cuberta vexetal e á erosión do solo producidas pola acción humana.[1] Segundo datos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), o 35 % da superficie dos continentes pode considerarse como áreas desérticas. Dentro destes territorios sobreviven millóns de persoas en condicións de persistente seca e escaseza de alimentos. A expansión destes desertos débese tanto a causas naturais como humanas.
A primeira etapa na desertificación é a destrución da cuberta vexetal deuse en zonas que orixinariamente eran fértiles. Nelas practicábase unha agricultura rotativa. O aumento da poboación obrigou a unha explotación intensiva que produciu o esgotamento dos recursos.
A segunda etapa comeza cando a terra deixa de ser fértil e encóntrase despoxada da súa cuberta vexetal, a auga e o vento erosionan máis rápido ata chegar á roca e modifican a paisaxe.
Na maior parte das terras de cultivo o solo erosiónase moito máis á présa do que demora en formarse. Necesitaríanse moitas décadas para que a paisaxe volva a cubrirse de verde.
En 1977 celebrouse en Nairobi, Kenya, a Conferencia das Nacións Unidas sobre desertificación. En 1994 a Organización das Nacións Unidas proclamou o 17 de xuño como o Día Mundial de loita contra a desertificación e a seca.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.