Tom Newman

From Wikipedia, the free encyclopedia

Thomas Dennis Newman , nado en Perivale, Inglaterra o 11 de xullo de 1943, é un produtor, guitarrista, cantante e técnico de son de culto inglés. Thomas Newman participou na fundación do centro de gravacións The Manor Studio, estudo empregado polo selo Virgin Records, e traballou na gravación orixinal de 1973 de Tubular Bells de Mike Oldfield. Como artista publicou unha ducia de álbums en solitario do xénero do beat, rock progresivo e da psicodelia. Segue activo con proxectos que inclúen unha produción en 2020 do álbum clásico de Mike Oldfield por Tubular World (en Tigermoth Records). Tom dirixiu a mestura do álbum, que é a banda sonora que acompaña a From the Manor Born, un documental sobre a creación dos orixinais Tubular Bells e os primeiros tempos do selo Virgin.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Tom Newman
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1943 (81 anos)
Perivale, Reino Unido
Actividade
Campo de traballoMúsica rock
Ocupacióncompositor, produtor musical, compositor de cancións, guitarrista, músico
Selo discográficoVirgin Records

Sitio webtom-newman.de
Pechar

Traxectoria

Con 17 anos xa formaba parte dun grupo xuvenil de Rock & Roll e R&B, chamado Playboys, para pasar un par de anos máis tarde a un grupo chamado Tomcats, grupo co que chegou a actuar nunha xira internacional dentro do Estado español. Con algúns outros músicos de Tomcats, reformaron a banda co nome de July e gravaron un álbum, homónimo, en 1968, que é considerado un dos discos psicodélicos máis valiosos do Reino Unido. A banda July disolveuse en 1970, e Newman foi contratado por Richard Branson ese mesmo ano para construír estudos de gravación nunha mansión que mercara nos arredores de Oxford, á que bautizaron como The Manor. Alí, nos primeiros tempos coñeceu a un novo e descoñecido Mike Oldfield, que lle agasallou cunhas gravacións feitas na gravadora portátil de Kevin Ayers. Nos momentos que Tom e Mike tiñan libres, gravaban en cinta longas sesións de gravación. O traballo finalmente resultou no álbum de fama global Tubular Bells. Aínda que o traballo de Tom Newman, e o seu asistente, Simon Heyworth, foi o de técnicos de son, Oldfield, en agradecemento, incluíunos como coprodutores do seu primeiro álbum.

Discografía

  • Fine Old Tom (1975) – Publicouse en 1975 por parte do selo Voiceprint, as súas cancións son un collage de estilos con influencias "beat", blues e folk. O disco ábrese cunha canción de estilo pop chamada "Sad sing", cunha melodía e unha letra sinxelas, pero cunha música con complexas técnicas de guitarra, continúa, entre outros, cun particular reggae, titulado "Superman", e máis tarde, "Suzie", unha canción comparada ao estilo de Link Wray e, por último, neste exemplar en CD incluíronse algunhas "demos" das cancións. O disco valorase como rexistro documental do xeito de gravar dos artistas en The Manor.[2]
  • Live at the Argonaut (1975) – Estreada por Virgin pero aínda gravada por Voiceprint.
  • Faerie Symphony (1977)
  • Bayou Moon (1986)
  • Aspects (1986)
  • Ozymandias (1988)
  • Hotel Splendide [Live] (1997)
  • Snow Blind (1997)
  • Faerie Symphony and Other Stories (1999)
  • Tall Scary Things (1999)
  • The Hound Of Ulster (1999)
  • "The Calling" (2015)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.