Till Lindemann
cantante, compositor, músico, actor, poeta e pirotécnico alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Till Lindemann, nado o 4 de xaneiro de 1963 en Leipzig, antiga República Democrática Alemá, é un cantante, compositor, músico, actor, poeta e pirotécnico alemán. É moi coñecido por ser o vocalista principal e líder da banda alemá de Neue Deutsche Härte Rammstein. Destaca pola súa complexión física, actuacións escénicas únicas (incluíndo o uso da pirotecnia e un movemento específico coñecido como "The Till Hammer"), e a súa voz de baixo. Tamén é coñecido polas súas letras, algunhas das cales causaron polémica. En todo o mundo, Rammstein vendeu máis de 45 millóns de discos, con cinco dos seus álbums recibindo o disco de platino.
Lindemann foi incluído entre os "50 mellores homes do metal de todos os tempos" por Roadrunner Records. As súas inquedanzas artísticas motiváronno a aparecer nalgunhas películas en papeis menores, e en escribir e publicar dous libros publicados de poesía, un titulado "Messer" (2002) e o outro "In stillen Nächten" (2013). Do mesmo xeito, ten presentados algúns dos seus poemas e guións orixinais en galerías.
Remove ads
Primeiros anos
Lindemann naceu en Leipzig entón Alemaña Oriental e creceu na aldea de Wendisch-Rambow, en Mechlemburgo-Antepomerania;[1] é fillo do poeta infantil Werner Lindemann e da xornalista e escritora Brigitte Hildegard "Gitta" Lindemann, quen traballou para Norddeutscher Rundfunk de 1992 ata a súa retirada en 2002.[2] Os seus pais coñecéronse nunha conferencia en Bitterfeld en 1959.[3] Lindemann ten unha irmá máis nova chamada Saskia.[2][4]
A partir dos 11 anos de idade, foi a unha escola de deportes, a Empor Rostock Sport Club,[4] e de 1977 a 1980, asistiu a un internado.[4] Os seus pais vivían separados por razóns profesionais desde 1975 e se divorciaron cando Lindemann era aínda era novo.[5] Viviu co seu pai por un curto tempo, pero a relación era malsá. No libro Mike Oldfield im Schaukelstuhl, o pai de Lindemann escribiu sobre os seus propios problemas co alcoholismo e as dificultades de ser pai dun adolescente Lindemann.[6]
En 1978, Lindemann participou no Campionato Europeo Júnior de Natación en Florencia, terminando 11º nos 1 500 m estilo libre e sétimo nos 400 m estilo libre, nadando nun tempo de 4'17"58, e foi preseleccionado para ir aos Xogos Olímpicos de 1980 en Moscova.[5] Deixou o deporte debido a unha lesión,[7] e daquela afirmou que "nunca me gustou a escola deportiva, era moi intensa, pero como neno non me opuxen".[1]
Máis tarde traballou como aprendiz de carpinteiro, técnico de galería, cortador de turba e cesteiro.[8] A súa nai dedicoulle unha carta titulada Mein Sohn, der Frontmann von Rammstein ("O meu fillo, o líder de Rammstein") a Lindemann en 2009.[9]
Remove ads
Carreira
Música
- Artigo principal: Rammstein.
Lindemann comezou a tocar a batería para First Arsch,[10] que lanzou un álbum titulado Saddle Up en 1992 e tocou unha canción ("Lied von der unruhevollen Jugend") cunha banda punk chamada Feeling B (a antiga banda dos membros de Rammstein Paul H. Landers, Christoph "Doom" Schneider e Christian "Flake" Lorenz).[10] Durante a súa estadía en Feeling B, tocou a batería na banda.
Na década de 1990, Lindemann comezou a escribir letras de cancións. En 1994, a banda entrou e gañou un concurso en Berlín que lles permitiu gravar profesionalmente unha demo de catro pistas. Cando se lle preguntou por que a chamaron Rammstein despois do desastre do espectáculo aéreo de Ramstein,[11] dixo que viu imaxes do incidente na televisión, e que el e os compañeiros de banda querían facer un recordo musical.[12] Durante os primeiros anos de Rammstein, debido ao uso de excesiva pirotecnia, Lindemann queimouse as orellas, o cabelo e os brazos.[13] Christoph Schneider, compañeiro de banda, comentou: "Till quéimase todo o tempo, pero gústalle a dor".[13] Un incidente en setembro de 1996 fixo que unha sección do escenario ardese e como consecuencia, Lindemann conseguiu o título profesional de pirotécnico así a banda podería actuar coa pirotecnia con máis seguridade que a que tiña previamente.[8][14]
Durante a xira de Rammstein en Estados Unidos con Korn en 1998, Till e o seu compañeiro de banda, Christian "Flake" Lorenz foron arrestados en Worcester, Massachusetts, por conduta obscena realizada durante a súa canción "Bück Dich", que consistía en que Lindemann simulaba sexo anal con Lorenz.[15] Tanto Lindemann como Lorenz foron liberados ao día seguinte despois de pagar a fianza.[15] Este incidente non impediu que Lindemann actuase do mesmo xeito en futuros espectáculos fóra dos Estados Unidos, particularmente en Australia, cando se presentaron no 2011 no Big Day Out,[16] Pero as súas actuacións nos Estados Unidos cambiaron. En 1999, a banda foi culpada polo masacre de Columbine de 1999, aínda que negaron que a súa música fose un factor relevante no suceso.[17][18]
En novembro de 2002, publicou o seu primeiro libro de poemas "Messer", que se compón de 54 poemas compilados por Gert Hof, o autor do libro "Rammstein" e o pirodeseñador da banda durante os últimos sete anos.[19]

Till non é novato nas lesións pois, como se mencionou nos inicios de Rammstein, queimárase varias veces coa pirotecnia manexada sen profesionalidade.[13] Nunha actuación en Suecia en 2005, tivo unha lesión de xeonllo no escenario cando o teclista Flake bateu, accidentalmente, con el mentres montaba un Segway PT.[20] Esta lesión causou a cancelación de varias actuacións da xira en Asia.[20] O mesmo ano, cinco álbums de Rammstein recibiron o disco de platino e a banda tamén recibiu os "World Sales Awards" ("premios mundiais de vendas") para máis de 10 millóns de copias vendidas en todo o mundo.[21] Durante a rodaxe do vídeo musical da banda para "Ich tu dir weh", Lindemann quería unha luz posta na súa boca para crear un efecto visualmente impresionante.[22] O compañeiro de banda Paul Landers suxeriu que usase un arame de cor carne e o pasase pola súa fazula para iluminar a súa boca desde o exterior,[22] Lindemann negouse, e no seu lugar optou por facer unha incisión cirúrxica na fazula esquerda, de modo que unha luz podería ser alimentada na súa boca directamente, e en gran medida fóra da vista.[22][23]
Hai un movemento específico de Lindemann, chamado "The Till Hammer". Neste movemento, dobra os seus xeonllos e golpea a súa coxa co puño nun movemento de martilleo mentres que vira a súa cabeza de lado a lado. En ocasións, viuse a Flake parodiar o movemento no escenario. A diferenza da maioría dos líderes, Lindemann declarou nunha entrevista que non lle gusta que o miren mentres está no escenario, e que levaría lentes de sol para evitar as miradas da audiencia.[24] Afirmou que o obxectivo principal da pirotécnia da banda é, en realidade, ser unha ferramenta para afastar a atención da audiencia de Lindemann, dobrando o espectáculo para a audiencia. Lindemann tamén opta por dar as costas á cabina de mestura, ou fai xestos de man durante os sos de guitarra para distraer á audiencia e evitar que o miren directamente. Debido á súa ansiedade no escenario, Lindemann adoita facer que os seus compañeiros de banda empreguen un bote de goma para surfear durante os espectáculos, xa que obtén a atención dos espectadores fóra do escenario durante varios minutos.[25]
En xullo de 2010, Lindemann, xunto con Flake, foron entrevistados polo antropólogo Sam Dunn para a serie Metal Evolution de VH1 Classic, sobre o tema do shock rock[26] e en 2011, Roadrunner Records incluíu a Lindemann no número 50 na lista dos 50 mellores líderes de metal de todos os tempos.[27]
En 2013, publicou o segundo libro de poesía de Lindemann, In stillen Nächten,[28] e comentou sobre a poesía que "A gran maioría dos meus poemas podería ter sido escrita uns poucos centos de anos antes."[28] No seu 52 aniversario (o 4 de xaneiro de 2015), anunciouse que Lindemann comezaría un novo proxecto con Peter Tägtgren chamado Lindemann[29][30][31] e ese mesmo ano, no mes de xuño, a banda lanzou o seu álbum debut Skills in Pills.[32]
Remove ads
Voz e letras

Lindemann ten unha poderosa presenza en escena. O seu rango vocal é o dun baixo (barítono), ou talvez ata máis baixo.[33][34][35] Con todo Lindemann ten o impulso de meter presión na súa voz con forza desde abaixo,[33] tamén é coñecido pola súa continua tendencia a pronunciar os "R" de forma vibrante alveolar múltiple, como o son "rr" en galego, declarou nunha entrevista que canta así por instinto.[33] O seu uso vibrante do "r" provoca críticas, xa que Adolf Hitler pronunciaba os "R" así.[36] Con todo, este acento podería estar conectado aos seus anos de mocidade en Mecklenburgo.[37] En 2005, o New York Times referiuse á voz de Lindemann, dicindo que "ordena un baixo, un potente baixo raramente usado na música pop contemporánea, sen formación pero electrificante."[38]
Respecto das súas letras, o propio Lindemann descríbeas adoita describilas "cancións de amor".[39] Algunhas das cancións escritas por el teñen referencias á literatura do século XIX ou anteriores; como, por exemplo, Dalai Lama do álbum Reise, Reise que é unha adaptación de Der Erlkönig de Goethe.[40] Tamén utilizou máis poemas de Goethe como en Rosenrot, que contén elementos do poema Heidenröslein;[40] mentres que Feuer und Wasser ten elementos narrativos de Der Taucher de Friedrich Schiller.[41] Lindemann tamén utilizou elementos de Der Struwwelpeter de Heinrich Hoffmann para a súa oitava pista, Hilf mir, no seu álbum Rosenrot;[42] e Mein Herz brennt ten letras tomadas dunha liña narrativa dun programa infantil alemán, coñecido como Das Sandmännchen.[43]
Lindemann tamén utilizou a literatura contemporánea para empregar referencias intertextuales. Por exemplo, o título da canción de Édith Piaf, Non, je ne regrette rien, utilizouse como retrouso para a canción Frühling en Paris, e a letra da canción Links 2-3-4 baséanse na canción Einheitsfrontlied de Bertolt Brecht.[44] A letra da canción pode incluír á banda na categoría política, colocándoa na esquerda.[45] Tamén utilizou outra canción composta por Brecht, titulada Mack o coitelo, e o coro foi utilizado para a canción Haifisch.
Remove ads
Vida persoal
A primeira filla de Lindemann, Nele, naceu en 1985 e contou nunha entrevista alemá que pasou sete anos como pai solteiro.[10] Lindemann ten un neto, fillo de Nele, coñecido como "Little Fritz".[46] Lindemann ten unha segunda filla coa súa ex esposa Anja Köseling, chamada Marie Louise, que naceu en 1993.[47]
Nunha entrevista de 2011, Lindemann declarou que aínda ten fortes conexións coas tradicións da Alemaña Oriental e opina que a "des-tradicionalización" é inquietante, e que tampouco hai autenticidade.[24] Tamén ten declarado que "odia o ruído", e a miúdo foxe a un pobo no norte entre Schwerin e Wismar.[46]
En 2014, Lindemann presentou dúas esculturas e os seus guións orixinais de poemas no seu libro In Silent Nights (en noites silenciosa) nunha galería en Dresden;[48] e, o mesmo ano, tamén escribiu algunhas letras para o cantante compositor alemán Roland Kaiser para o seu álbum Soul Tracks.[49]
Entre as bandas favoritas de Lindemann están Deep Purple, Alice Cooper e Black Sabbath e cantantes Marilyn Manson e Chris Isaak.[1]
Remove ads
Discografía

First Arsch
- Saddle Up (1992)
Rammstein
- Artigo principal: Discografía de Rammstein.
- Herzeleid (1995)
- Sehnsucht (1997)
- Mutter (2001)
- Reise, Reise (2004)
- Rosenrot (2005)
- Liebe ist für alle da (2009)
Lindemann
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads