T. S. Eliot

poeta, dramaturgo e crítico literario norteamericano From Wikipedia, the free encyclopedia

T. S. Eliot

Thomas Stearns Eliot, nado o 26 de setembro de 1888 e finado o 4 de xaneiro de 1965, foi un poeta, dramaturgo e crítico literario norteamericano. As súas obras considéranse parte do canon literario do século XX. Premio Nobel de Literatura 1948.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
T. S. Eliot
Thumb
(1934)
Biografía
Nacemento(en) Thomas Stearns Eliot
26 de setembro de 1888
St. Louis, Estados Unidos de América
Morte4 de xaneiro de 1965 (76 anos)
Kensington (Reino Unido)
Causa da morteEnfisema pulmonar
Lugar de sepulturaChurch of Saint Michael (en)
ResidenciaMisuri
St. Louis
Ash Street (en)
RelixiónUnitarismo e anglocatolicismo (pt)
EducaciónUniversidade de París
Milton Academy (pt)
Harvard College
Merton College
Universidade Harvard
Eliot House (en)
Actividade
Ocupacióndramaturgo, letrista, guionista, escritor de literatura infantil, crítico, xornalista, escritor, profesor universitario, crítico social, poeta, escritor de contos, ensaísta, crítico literario, gañador do Premio Nobel
Período de actividade1915 -
EmpregadorUniversidade de Chicago
Birkbeck College
Membro de
Xénero artísticoPoesía e crítica literaria
MovementoLiteratura modernista
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeValerie Eliot (1957–1965)
Vivienne Haigh-Wood Eliot (1915–1947)
PaisHenry Ware Eliot   e Charlotte Champe Stearns Eliot
IrmánsHenry Ware Eliot
Ada Eliot Sheffield
Marian Cushing Eliot
Margaret Dawes Eliot
Theodora Sterling Eliot
Charlotte Eliot
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
TV.com: people/t-s-eliot IBDB: 8808
Bitraga: 844 Dialnet: 158575 iTunes: 206217952 WikiTree: Eliot-187
Pechar

Traxectoria

Naceu en St. Louis, Missouri, Estados Unidos. O seu pai, Henry Ware Eliot, dedicábase ós negocios e á banca. A súa nai, Charlotte Champe Stearns, tiña afeccións literarias, chegando a publicar algún libro.

Estudou na Smith Academy de St. Louis desde 1898 ata 1905. Pronto destacou en tódalas materias, desde o latín á física. En 1906 ingresou na Universidade Harvard, onde estudou grego, literatura inglesa, alemán, historia medieval e historia da arte.

Publicou poesía na revista da universidade. Interesouse polos poetas simbolistas franceses (Rimbaud, Verlaine, Tristan Corbière, Jules Laforgue etc.). Baixo este influxo, marchou a París en 1909, onde asistiu ás clases de Henri Bergson e Alain Fournier. Estudou tamén en profundidade a Dante e a John Donne, poeta metafísico inglés. Viaxou a Múnic e Italia. En 1911 volveu a Harvard e doutorouse en filosofía cunha tese sobre F. H. Bradley e o seu "coñecemento e experiencia". Tamén lle interesou a filosofía e a filoloxía hinduísta e o budismo.

En Harvard foi profesor axudante de filosofía. Coñeceu a Bertrand Russell, que acudiu como visitante a esa universidade, e este xúlgao o seu mellor alumno. Marchou cunha bolsa de estudos á Universidade de Marburg (Alemaña), pero, ante o inicio da guerra, fuxiu do país, trasladándose a Londres, onde coñeceu a Ezra Pound, que o introduciu no ambiente literario inglés. Neses anos coñece tamén a Virginia Woolf e o seu home, e ao novelista James Joyce, ao que admira. En 1927 adoptou a nacionalidade británica e converteuse ao anglicanismo.

Obras

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.