From Wikipedia, the free encyclopedia
This Mortal Coil foi un colectivo musical británico liderado por Ivo Watts-Russell, fundador do selo discográfico 4AD.[1] Aínda que Watts-Russell e John Fryer foron os dous únicos membros oficiais, as gravacións do grupo contaron cunha gran cantidade de músicos de apoio, moitos dos cales estaban relacionados con 4AD, incluíndo membros de Cocteau Twins, Pixies e Dead Can Dance.[2] O proxecto fíxose coñecido polo seu son dream pop gótico, publicando en total tres álbums de estudio.[3]
This Mortal Coil | |
---|---|
Orixe | Reino Unido |
Período | 1983 - 1991 |
Xénero(s) | dream pop, rock gótico |
Selo(s) discográfico(s) | 4AD |
Membros | Ivo Watts-Russell John Fryer |
Na rede | |
Watts-Russell fundara 4AD en 1980 e o selo estableceuse como unha das discográficas clave no desenvolvemento do movemento post-punk británico. Tras varios lanzamentos, Watts-Russell desenvolveu a idea de colaborar baixo o nome de This Mortal Coil.[4] O nome colleuse da letra da canción "Dream Within A Dream" de Spirit ("...Stepping off this mortal coil will be my pleasure..."),[5] que á súa vez procede dunha cita de Hamlet de Shakespeare ("... what dreams may come, when we have shuffled off this mortal coil...").
Citando a páxina web de 4AD:[1]
This Mortal Coil non era unha banda, senón unha colaboración única de músicos gravando en varias permutacións, a creación do capo de 4AD Ivo Watts-Russell. A idea era a de darlle a artistas liberdade creativa para gravar material fóra do ámbito do que se esperaba deles; tamén creou a oportunidade de versións innovadoras de cancións persoais para Ivo.
Unha das primeiras fichaxes do selo foi Modern English. En 1983, Watts-Russell suggested que a banda regravase dúas das súas primeiras cancións, "Sixteen Days" e "Gathering Dust", como un medley. Na época a banda remataba os seus concertos con ese medley, e Watts-Russell sentiu que era o suficientemente forte como para garabtir unha regravación. Cando o grupo rexeitou a idea, Watts-Russell decidiu montar un grupo de músicos para gravar o medley: Elizabeth Fraser e Robin Guthrie de Cocteau Twins; Cindy Sharp de Cindytalk; e uns poucos membros de Modern English.[4] O EP Sixteen Days/Gathering Dust foi o resultado desas sesións. Unha versión do tema "Song to the Siren" de Tim Buckley, interpretada só por Fraser e Guthrie, gravouse como cara b do EP. Satisfeito co resultado, Watts-Russell decidiu facela cara a da versión en sinxelo de 7" do EP, e a canción converteuse rapidamente nun éxito no underground, facendo que Watts-Russell buscase gravar un álbum enteiro baixo o nome de This Mortal Coil moniker, o It'll End in Tears de 1984.[4]
En xuño de 1998, Watts-Russell comezou a publicar álbums nunha liña semellante aos seus proxectos con This Mortal Coil, baixo o nome The Hope Blister.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.