filme de 2010 dirixido por Roman Polanski From Wikipedia, the free encyclopedia
The Ghost Writer (O escritor pantasma) é un filme de coprodución franco-xermano-británica dirixido polo director de cine polonés nacionalizado francés Roman Polanski e baseado na novela de Robert Harris O poder na sombra. Polanski obtivo por esta película o Oso de prata ao mellor director no Festival Internacional de Cine de Berlín do 2010.
The Ghost Writer | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Ghost Writer |
Director | Roman Polanski |
Produtor | Roman Polanski Robert Benmussa Alain Sarde |
Guión | Robert Harris Roman Polanski |
Intérpretes | Ewan McGregor Pierce Brosnan Kim Cattrall Olivia Williams James Belushi Timothy Hutton Eli Wallach Tom Wilkinson Robert Pugh |
Música | Alexandre Desplat |
Fotografía | Pawel Edelman |
Montaxe | Hervé de Luze |
Distribuidora | Summit Entertainment (EEUU) Optimum Releasing (RU) |
Estrea | 2010 |
Duración | 128 minutos |
Orixe | Reino Unido Francia Alemaña |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $45 000 000[1] |
Recadación | $60 222 298[1] |
Na rede | |
Un escritor (Ewan McGregor) é contratado por un ex-primeiro ministro británico (Pierce Brosnan), trala morte en estrañas circunstancias do seu predecesor, para que lle escriba as súas memorias, no momento en que o político é acusado polo Tribunal Internacional de Xustiza de amparar detencións ilegais de sospeitosos de terrorismo e a súa posterior entrega á CIA. Empeza nese momento unha perigosa investigación na que o escritor pon en perigo a súa propia vida e a través da cal Polanski aproveita para tratar a guerra do Iraq dende unha óptica diferente, incidindo nas súas relacións con opacos movementos políticos que se remontan sorprendentemente atrás no tempo e que deslexitiman as democracias europeas convencionais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.