Infiltrados[2] (en inglés: The Departed) é un filme de suspense dirixido por Martin Scorsese en 2006, gañador do Premio Oscar á mellor película na entrega número 79 dos premios da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Martin Scorsese recibiu o Oscar ó mellor director, Thelma Schoonmaker o Oscar á mellor montaxe e William Monahan o Oscar ó mellor guión adaptado, todos polo seu respectivo labor neste filme.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Infiltrados
Ficha técnica
Título orixinalThe Departed
DirectorMartin Scorsese
ProdutorBrad Pitt
Brad Grey
Graham King
Guiónadaptado por William Monahan
Baseado enMou gaan dou de Alan Mak & Felix Chong
IntérpretesLeonardo DiCaprio
Matt Damon
Jack Nicholson
Mark Wahlberg
Vera Farmiga
Martin Sheen
Ray Winstone
Alec Baldwin
MúsicaHoward Shore
FotografíaMichael Ballhaus
MontaxeThelma Schoonmaker
EstudioPlan B Entertainment
GK Films
Vertigo Entertainment
Media Asia Films
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea2006
Duración151 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$90 000 000[1]
Recadación$289 847 354
Na rede
https://www.warnerbros.com/departed
IMDB: tt0407887 Filmaffinity: 518309 Allocine: 55983 Rottentomatoes: m/departed Mojo: departed Allmovie: v310756 TCM: 642497 Metacritic: movie/the-departed TV.com: movies/the-departed Netlix: 70044689 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Trátase do remake americano do aclamado filme hongkonés de 2002, Mou gaan dou (Wu jian dao), tamén coñecido coma Infernal Affairs.

Sinopse

The Departed está ambientada no sur de Boston, onde a policía estatal está en guerra co crime organizado. O Departamento de Policía de Massachussets enfróntase á maior banda de crime organizado da cidade e a estratexia consiste en acabar dende dentro co poderoso xefe da mafia Frank Costello (Jack Nicholson). O encargado de infiltrarse na súa banda é o novato Billy Costigan (Leonardo DiCaprio). Mentres Billy tenta gañar a confianza de Costello, outro mozo policía, Colin Sullivan (Matt Damon), ascende rapidamente e ocupa un posto na Unidade de Investigacións Especiais, grupo de elite que ten por misión acabar con Costello. Pero o que os seus superiores non saben é que Collin traballa para este.

Cada home é consumido profundamente pola súa dobre vida, reunindo información sobre os plans e as medidas en contra das operacións que penetrou. Pero cando os mafiosos e a policía se decatan de que teñen un espía entre eles, de súpeto Billy e Collin corren o perigo de seren capturados e expostos ó inimigo.

Personaxes

Premios

Oscar 2006

Máis información Categoría, Acode ...
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.