From Wikipedia, the free encyclopedia
O tesouro de Los Almadenes é un conxunto de varios obxectos ibéricos e romanos, maiormente moedas de prata, soterrados a finais do século II a.C., achado en 1926 no municipio cordobés de Alcaracejos, preto da mina Los Almadenes, de onde recibe o seu nome.
Tesouro de Los Almadenes | |
---|---|
do tesouro de Los Almadenes | |
· Data do depósito: finais do século II a.C.
· País: España. · Descubridores: Otilia e Catalina Fernández. · Lugar de aparición: Mina Los Almadenes, Alcaracejos. · Data do achado: 1926. · Composición: Moedas, fíbulas, vasos, torques etc. · Material: prata. · Conservación: Museo Arqueolóxico de Córdoba. |
O tesouro exponse no Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba.
A descuberta sucedeu casualmente en 1926, cando unha familia de agricultores traballaba nas súas terras de labor na zona de Cerro del Peñón, en Alcaracejos, na contorna da Mina Los Almadenes.[1]
O achado foi narrado deste xeito no Boletín da Real Academia de Córdoba dous anos despois da súa descuberta:
“ | En 1925, arando Manuel Fernández, de Villaralto, as súas terras de Cerro del Peñón [Alcaracejos], notou que a rella se trabara e sacara medio ao descuberto unha pota metálica, mais crendo que sería unha de tantas de ferro que os mineiros adoitan tirar por inservibles, non lle deu importancia ao caso. O ano seguinte [1926], as súas irmás Otilia e Catalina, que coidaban o gando nese mesmo lugar, decidíronse a desenterrar a ola e, valéndose dos seus caxatos, experimentaron a sorpresa de achar nela, moi corroídas pola acción do tempo, multitude de moedas e obxectos de lucente prata. |
” |
Os agricultores vendéronlle as pezas ao subdelegado de Farmacia en Pozoblanco, Moisés Moreno Castro, quen a mediados de xullo de 1928[3] llas entregou a Antonio Carbonell para a súa conservación no Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba.[1] O daquela director deste museo, Samuel de los Santos, rexistrou o conxunto de pezas erroneamente como "Tesouro de Pozoblanco" —probablemente porque os termos municipais da comarca de Los Pedroches foran configurados uns anos antes, en 1909—, polo que numerosas publicacións identificaron erroneamente a súa orixe neste municipio, aínda que a localización correcta é Alcaracejos.[4]
En 1929, o tesouro foi exposto temporalmente no Palacio Nacional de Montjuïc durante a Exposición Internacional de Barcelona.[5]
As pezas achadas no interior da pota de cobre e rexistradas polo director do Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba son as seguintes:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.