Terra do Norte

From Wikipedia, the free encyclopedia

Terra do Nortemap

Terra do Norte (en ruso, Се́верная Земля, Sévernaya Zemliá) é un arquipélago de Rusia situado , no océano Glacial Ártico, ao nordeste de Nova Zembla.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Terra do Norte
(ru) Северная Земля
Thumb
Tipoarquipélago
EpónimoNicolao II de Rusia
Localización
División administrativaKrai de Krasnoiarsk, Rusia
Thumb Thumb
 79°45′N 98°15′L
Bañado porOcéano Ártico
Composto por
Características
Altitude965 m
Superficie37.000 km²
Historia
Data de descuberta ou invención1913
Pechar
Thumb
Localización do arquipélago.

Queda ao norte da península siberiana de Taimir entre o mar de Kara e o mar de Laptev. O arquipélago de Terra do Norte foi avistado por en 1913 e cartografado por primeira vez en 1933, converténdose no último arquipélago da Terra en ser descuberto.

Administrativamente, forma parte do krai de Krasnoyarsk da Federación Rusa.

Illas

O arquipélago ten as seguintes catro illas maiores:

  • Illa da Revolución de Outubro, a maior do arquipélago, con 14.170 km². Foi a primeira en ser explorada na expedición de G. A. Ushakov e N. N. Urvantsev en 1930–32.
  • Illa Bolxevique, unha illa montañosa, a máis meridional do grupo e a segunda por tamaño, con 11.031 km².
  • Illa Komsomolets, a máis setentrional do grupo e a terceira por tamaño, con 9.006 km².
  • Illa Pioneer, con 1.527 km², alberga o glaciar Pioneer.[1]

Ademais, ten as seguintes illas menores:

  • Illa Schmidt, con 467 km², a máis afastada do grupo, situada ao noroeste do arquipélago, nunha zona case de permanentes xeos, a illa está case cuberta por completo polo «campo de hielo Schmidt».[2] Leva o seu nome en honor do científico ruso Otto Schmidt (1891 — 1956).
  • Illa Maly Taymyr, con 232 km², está no mar de Laptev.
  • Illa Starokadomsky, pequena illa próxima a Maly Taimyr, fronte a súa costa noroccidental, separado dela por un estreito duns 6 km de anchura.
  • Arquipélago Sedov
  • Illa Lishni
  • Illa Vostóchniy, situada ao sur da illa Bolxevique.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.