Península de Taimir
From Wikipedia, the free encyclopedia
A península de Taimir (en ruso: Полуостров Таймыр, Таймырский полуостров) é unha península de Rusia, situada na zona de Siberia, que forma a parte máis setentrional do continente asiático. Está delimitada polas augas do golfo do Ienisei ao oeste, as do mar de Kara ao norte e as do golfo de Jatanga do mar de Laptev, ao leste; polo sur, o seu límite continental está formado polo curso do río Jatanga.
Tipo | península | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Krai de Krasnoiarsk, Rusia | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Kara | |||
Características | ||||
Punto máis alto | Byrranga Mountains (en) (1.121 m ) | |||
Superficie | 400.000 km² | |||
Administrativamente, toda a península pertence ao Krai de Krasnoyarsk da Federación de Rusia.
Na península discorren algúns ríos importantes que desaugan directamente ao mar de Kara, como o río Taimir ou o río Piassina.
Poboación
A situación illada do pobo nganasan permitiulles manter as prácticas xamánicas ata o século XX.[1]
Economía
A compañía MMC Norilsk Nickel leva a cabo operacións mineiras na zona, cunha fundición na cidade de Norilsk, preto da península. O concentrado de mineral de níquel e outros produtos da compañía son transportados nun curto ferrocarril á cidade portuaria de Dudinka, na beira do río Ienisei, e dende alí por barco cara a Murmansk e outros portos.
Fauna e flora
No norte de Siberia, a fauna e a flora teñen só un período de dous meses ao ano para garantir a súa reprodución. Cada verán, o sol de medianoite xunta multitudes de especies. Os renos emigran e reúnense con milleiros de osos polares e focas. Á súa vez, aves de Europa, África e Asia van a Taimir, a maior concentración de aves salvaxes do mundo.
Esta zona é unha ecorrexión da ecozona paleártica da World Wide Fund for Nature, a «Tundra de Siberia Central e península de Taimir».
A península é o último lugar natural coñecido onde habitou o boi almiscreiro fóra de América do Norte, desaparecido dous mil anos antes.[2] Foron introducidos con éxito en 1975.[3] A poboación creceu ata 2500 animais en 2002, incrementándose a 6500 en 2010.[4]
Galería de imaxes
- Boi almiscreiro, reintroducido en Siberia en 1975
- Paisaxe típica da península, tundra con numerosos lagos pequenos
- Expedición á península de Taimir en dous barcos e esvaradores Hivus, 10 de abril de 2013
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.