From Wikipedia, the free encyclopedia
Un termófilo é un tipo de organismo extremófilo que vive a temperaturas relativamente altas, entre os 45 e os 122 °C[1][2] (os que viven ás temperaturas máis altas do intervalo son hipertermófilos). Moitos termófilos son arqueas, outros son bacterias, pero o termo aplícase tamén nos outros dominios da vida, polo que se fala de plantas termófilas, animais termófilos, como o anélido Riftia pachyptila das chemineas hidrotermais etc. Crese que as eubacterias termófilas estaban entre as primeiras bacterias que apareceron na Terra.[3]
Os termófilos encóntranse en rexións con calor xeotérmica da Terra, como fontes termais ou chemineas hidrotermais do océano profundo, ou onde hai materia vexetal en descomposición como en turbeiras ou o compost.
A diferenza doutro tipo de bacterias, os termófilos poden sobrevivir a temperaturas altas que matarían ás outras bacterias. Os termófilos están adaptados a esas condicións, xa que teñen membranas resistentes e encimas que poden funcionar sen desnaturalizarse a altas temperaturas. Algúns deses encimas son utilizados en técnicas de bioloxía molecular, como a Taq polimerase da bacteria Thermus aquaticus, que se utiliza na PCR (onde hai que quentar o medio de reacción para que se separen as febras do ADN), e en axentes de lavado.
Desde 1990 celébrase unha conferencia internacional na que se reúnen os investigadores especialistas en termófilos en distintas partes do mundo como Viterbo, Italia; Reykjavik, Islandia; Nova Delhi, India; Bergen, Noruega, ou Big Sky, Montana, EUA.[4]
Os termófilos clasifícanse en obrigados e facultativos. Os termófilos obrigados, tamén chamados termófilos extremos, requiren para vivir temperaturas altas, xa que non poden vivir a temperaturas menores. Os facultativos, tamén chamados termófilos moderados, poden vivir a altas temperaturas, pero tamén a temperaturas máis baixas (por debaixo de 50 °C). Os hipertermófilos son termófilos particularmente extremos, que viven por riba dos 60 °C e os seus óptimos están por riba dos 80 °C, e algúns viven a máis de 100 °C. Os termófilos distínguense dos mesófilos, que viven a temperaturas medias, e os psicrófilos, que viven a temperaturas frías.
Moitas das arqueas hipertermófilas necesitan xofre elemental para vivir. Algunhas poden vivir en anaerobiose porque usar o xofre en vez do oxíxeno como aceptor de electróns durante a respiración celular. Outros son litótrofos, xa que oxidan xofre a ácido sulfúrico como fonte de enerxía, polo que isto require que o microorganismo estea adaptado tamén a pHs moi baixos (ácidos), polo que son tamén acidófilos. Estes organismos habitan ambientes quentes ricos en xofre xeralmente asociados a zonas volcánicas, como fontes termais, géyseres, e fumarolas. Nestes lugares, como ocorre no parque de Yellowstone, prodúcese unha zonación dos microorganismos segundo a súa temperatura óptima de crecemento. A miúdo estes microorganismos están coloreados porque teñen pigmentos fotosintéticos.
Os termófilos poden distinguirse dos mesófilos por certas características xenómicas. Por exemplo, o contido GC nas rexións codificantes dalgúns xenes sinatura foron correlacionados positivamente cos rangos de temperatura aos que viven os termófilos e mesófilos independentemente da súa filoxenia, requirimentos de oxíxeno, salinidade, ou condicións do hábitat.[5]
As bacterias do xénero Alicyclobacillus son organismos acidófilos e termófilos, que poden contaminar os zumes de froitas.[6]
Os termófilos poden ser diferenciados dos mesófilos polas súas características xenéticas. Por exemplo, o contido GC nas rexións codificantes dalgúns xenes sinatura foron identificados de forma consistente como correlacionados co rango de temperaturas á que están adaptados ao examinar organismos mesófilos e termófilos independentemente da súa filoxenia, requirimento de oxíxeno, salinidade, ou condicións do hábitat.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.