From Wikipedia, the free encyclopedia
Un teratoma (do grego teras, teratos "pesadelo", "monstro", e -oma "tumor", "inchazón") é un tumor encapsulado con compoñentes de tecidos ou órganos que lembran ós derivados normais das tres capas xerminais. Son raras as ocasións nas que non se poden identificar as tres capas á vez. Os tecidos do teratoma, aínda que son normais en si mesmos, poden ser moi distintos dos tecidos que os rodean. Informáronse de teratomas que conteñen pelo, dentes, óso, e moi raramente órganos complexos como ollos,[1][2] torso,[3][4] mans, pés ou outros membros.[5] Normalmente un teratoma non conterá órganos, senón un ou máis tecidos que normalmente se atopan no cerebro, a tiroide, o fígado e os pulmóns. Ás veces o teratoma contén na súa cápsula un ou máis quistes cheos de fluído e cando se produce un quiste de gran tamaño, o teratoma pode producir unha estrutura que lembra a un feto. Xa que están encapsulados, os teratomas adoitan ser benignos, aínda que se coñecen algunhas formas de teratoma maligno. Un teratoma maduro é tipicamente benigno e atópase máis habitualmente en mulleres, mentres que un teratoma inmaturo es tipicamente maligno e atópase máis a miúdo en homes.
Teratoma | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Micrografía dun teratoma. | |
DiseasesDB | 3604 |
eMedicine | med/3449 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pénsase que os teratomas xa están presentes no nacemento (conxénitos), pero os de pequeno tamaño non son descubertos ata moito máis tarde na vida do individuo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.