From Wikipedia, the free encyclopedia
Teodebaldo, en francés Théodebald ou Thibaud, nado no 708 e finado no 741, foi Mordomo de palacio de Neustria (714-715) e de Austrasia e de Borgoña (714-717).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 708 valor descoñecido |
Morte | 741 (32/33 anos) valor descoñecido |
Causa da morte | homicidio |
Mordomo do palacio Neustria | |
714 – 715 ← Grimoaldo o Mozo – Ragenfrid (en) → | |
Mordomo do palacio Austrasia | |
714 – 717 ← Pipino de Herstal – Carlos Martel → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Familia | Arnulfianos |
Pais | Grimoaldo o Mozo e Teodesinda |
Teodebaldo era fillo, ilexítimo ou lexítimo, segundo os historiadores, de Grimoaldo II , tamén coñecido como Grimoaldo o Mozo.
Segundo o Liber Historiae Francorum, era fillo ilexítimo de Grimoaldo II: «Grimoald xerou un fillo chamado Teodebaldo dunha concubina [...] Grimoaldo tomou como esposa a Teodesinda, filla de Radbod, duque dos xentís».[1] Este texto é inequívoco sobre o nacemento ilexítimo de Teodebaldo, que data do ano da morte de Drogon, é dicir, 708, mentres que o Chronicon Moissaciense sitúa o matrimonio do seu pai no 711.[2] Tamén é moi improbábel a proposta de certos historiadores,[3] que, con base na onomástica, fan de Teodesinda a nai de Teodebaldo.[4]
O seu pai foi asasinado en abril do 714 por un frisón e o seu avó Pipino de Heristal designouno como herdeiro de todas as súas posesións e as súas responsabilidades como mordomo do palacio. Teodebaldo tiña entón uns 6 anos. Pipino de Heristal morreu o 16 de decembro de 714 e nese ano converteuse en mordomo de palacio dos tres reinos francos, baixo a rexencia da súa avoa Plectruda.[5][6]
Un ano despois, no outono do 715, morreu Dagoberto III, o rei que Pipino de Heristal siuara no trono. Os neustrianos, baixo o liderado de Raxenfrido, deciden suprimir a tutela austrasiana e colocar ao trono ao rei Khilperico II, que a cambio nomeaou a Raxenfrido como mordomo de palacio de Neustria. Mentres Plectruda rexeitou recoñecer esta toma do poder, Raxenfrido liderou o exército neustriano contra Austrasia que derrotou a Plectruda no 715 no bosque de Compiègne. Raxenfrido apoderouse dos tesouros de Plectruda, abandonado no campo de batalla. Entón proclama a Khilperico tamén como rei de Austrasia, aliado con Radbod, duque dos frisóns, e atacou Austrasia. Foi neste momento cando Carlos Martel conseguiu reunir seguidores para facer retroceder aos neustrianos. Despois dun primeiro fracaso, emboscou con éxito a Amblève, e logo derrotounos en Vinchy o 28 de maio de 717. Agora aceptado polos austrasianos como o seu líder, obrigou a Plectruda e a Teodebaldo a renunciar ao poder, confiscou os bens de Plectruda encerrouna nun convento en Colonia.[7][8]
O resto da vida de Teodebaldo é incerto. Os Annales Mettenses afirman que «pouco despois acabou coa súa vida inocente». Porén, Carlos Martel fixo unha doazón a Utrecht no 723 e, entre as testemuñas, hai un Thiedoldi, nepoti eius. Carlos, tiña só trinta anos, o posíbel significado de nepos é sobriño, e o único sobriño coñecido de Carlos Martel é o ex mordomo de palacio. A afirmación dos Annales Mettenses podería deberse a que o seu autor, cen anos despois, non atopou ningunha mención a Teodebaldo despois do 717 e concluíu que morrera.[9] Parece que non participou na conspiración organizada en 723 polo seu curmán Arnulfo, pero quizais os curmáns estaban en desacordo: Pipino de Heristal elixiuno en detrimento de Arnulfo, aínda que este era fillo do seu fillo máis vello.[10]
En 741, despois da morte de Carlos Martel, os seus dous fillos Pipino o Breve e Carlomán mataron a un Teodebaldo, que non podía ser Teodebaldo, duque de Alamania (morto en 744), nin Teodebaldo, duque de Baviera (morto en 732), nin Teodebaldo, duque de Turinxia (morto a principios do século VIII). Podería moi ben ser o seu curmán, cuxas ambicións poderían temer aproveitando o malestar que seguiu á morte de Carlos.[11]
Plectruda | Pipino de Heristal (c. 645 † 714) mordomo de palacio | Alpaida | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Drogon († 708) duque de Champagne | Grimoaldo II († 714) mordomo de palacio | Teudesinda filla de Radbod duquesa dos frisóns | Carlos Martel (c. 688 † 741) mordomo de palacio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Arnulfo († 723) duque | Teodebaldo († 741) mordomo de palacio | Carlomán († 755) mordomo de palacio | Pipino o Breve († 768) rei dos francos | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.