From Wikipedia, the free encyclopedia
Grimoaldo II (en francés, Grimoald II ou Grimoald de Herstal), chamado o Mozo, finado en 714 en Liexa, foi un nobre franco da familia dos Arnulfianos, que foi mordomo de palacio de Neustria desde o 695 ao 714, de Burgundia desde o 700 ao 714 e duque de Champaña e de Burgundia desde o 708 ao 714.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | abril de 714 Liexa, Bélxica |
Causa da morte | homicidio |
Mordomo do palacio Burgundy (en) | |
700 – 714 ← Drogo de Champagne (pt) | |
Mordomo do palacio Neustria | |
695 – 714 ← Nordeberto (pt) – Teodebaldo, mordomo de palacio → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Duke of Champagne (en) (708–714) Duke of the Burgundians (en) (708–714) |
Familia | Arnulfianos |
Cónxuxe | Teodesinda |
Fillos | Teodebaldo, mordomo de palacio |
Pais | Pipino de Herstal e Plectruda |
Irmáns | Carlos Martel Drogo de Champagne Childebrando I |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Era o segundo fillo de Pipino de Heristal e Plectruda. En 695, á morte de Nordeberto, mordomo de palacio de Neustria, instalado por Pipino, Grimoaldo, cando era moi mozo, foi designado polo seu pai para sucedelo.[1]
No 700, o seu pai tamén o nomeou mordomo de palacio de Borgoña.[2]
Finalmente, á morte do seu irmán máis vello Drogo, Pipino o Mozo transmitiulle as súas responsabilidades, as de duque de Champaña e duque de Burgundia.[2]
O 13 de decembro de 710 foi nomeado testemuño nunha doazón feita polo rei Khildeberto IV en favor da abadía de Saint-Denis.[2]
En abril de 714, durante unha viaxe para visitar a tumba de san Lamberto en Liexa, mentres rezaba, foi asasinado por un frisón pagán chamado Rangar,[1][2] parece ser que ao servizo do seu sogro. A menos que o asasinato se producise na estrada de volta de Liexa, como afirma Pierre Riché.[3]
Segundo o Liber Historiae Francorum, Grimoaldo tivo primeiro un fillo ilexítimo, Teodebaldo, dunha concubina.[4] Despois, tras unha vitoria contra os frisóns, no 711, o seu pai Pipino asinou a paz con Radbod, duque dos frisóns, que se negou a converterse ao cristianismo, pero aceptou que a súa filla Teudesinda fose bautizada e casase con Grimoaldo.[1][2][5]
Arnolfo (ca. 582 † 641) bispo de Metz | Doda | Pipino de Landen (v.580 † 640) mordomo de palacio | Ita († 652) abadesa de Nivelles | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ansexisa († entre 648 e 669) | Bega (ca. 620 † 693) | Hugoberto | Irmina abadesa de Oeren | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
{{{Ÿ}}} | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pipino de Heristal (ca. 645 † 714) mordomo de palacio | Plectruda | Radbod († 719) duque dos frisóns | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Unha concubina | Grimoaldo II († 714) mordomo de palacio | Theudesinde | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Teodebaldo († 741) mordomo de palacio | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.