Tenase
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tenase ou complexo tenase é un complexo proteico que actúa na coagulación do sangue como proteína activadora que activa o factor X (factor dez) orixinando por clivaxe o factor Xa por dous modos: extrinsicamente ou intrinsicamente.
Tenase é unha contracción da palabra inglesa "ten" ('dez') e o sufixo propio dos encimas "-ase", dado que o substrato ao que activa este complexo é o factor X (dez) de coagulación do sangue. Ás veces abréviase como Xase.
O complexo tenase extrínseco está constituído por: factor tisular (unha proteína unida a membranas), factor VII e Ca2+ como ión activador.[1]
O complexo tenase intrínseco contén o factor IX activo (IXa), o seu cofactor factor VIII (VIIIa), o substrato (factor X), os cales son activados por superficies cargadas negativamente (como vidro, membranas de plaquetas activas, e ás veces membranas de monocitos).[2] Estes factores procoagulantes dependentes de vitamina K atracan sobre estas superficies por medio do seu dominio Gla con pontes de Ca2+.[3] Isto fai o proceso de activación moito máis rápido e bloquea a unión de inhibidores.[4]
Como a tenase intrínseca activa o factor X a unha velocidade de 50 a 100 veces maior que a tenase extrínseca, desempeña un papel esencial na amplificación do factor Xa e na xeración de trombina durante a fase de propagación da coagulación.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.