directora de cinema From Wikipedia, the free encyclopedia
Tatiana Huezo Sánchez, nada en San Salvador o 9 de xaneiro de 1972, é unha directora de cinema salvadoreña que reside en México. O seu primeiro filme, El lugar más pequeño (2011), un documental sobre a guerra civil salvadoreña, foi galardoado internacionalmente. En 2016, estreou Tempestad, a historia de dúas mulleres que padecen as consecuencias do tráfico humano en México. En 2016, recibiu o Premio Fénix ao mellor documental.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1972 (52 anos) San Salvador, O Salvador |
Residencia | Cidade de México |
Educación | Centro de Capacitación Cinematográfica (en) Universidade Pompeu Fabra |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, directora de documentais, documentalista, guionista |
Participou en | |
2021 | Festival de Cinema de Cannes de 2021 (pt) |
Nada no Salvador, Tatiana Huezo viviu en México dende os catro anos de idade.[1] Graduouse no Centro de Capacitación Cinematográfica (CCC), onde imparte clases dende entón.[2] En 2004, realizou un máster en creatividade de documentais pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[3]
En 1997, rodou a curtametraxe Tiempo cáustico. A súa primeira longametraxe foi El lugar más pequeño, que se estreou no ano 2011, un testemuño das experiencias da guerra civil no Salvador. Recibiu numerosos premios e foi exposto en máis de 50 festivais de todo o mundo.[3]
En 2015, Huezo presentou Ausencias, unha curtametraxe de 27 minutos que conta a dor de Lulu, unha nai que perde o seu marido e o seu fillo, desaparecidos polo crime organizado.[4]
Na súa obra, retratou a impunidade das persoas ante a xustiza e as institucións, humanizando ás vítimas. Sobre Tempestad, Huezo dixo:
Fronte ao vómito de figuras, imaxes e discursos que invisibilizan as vítimas, converténdoas en números, semella imprescindible volver aos rostros, ao xesto íntimo, á súa historia e complexidade, volver ás persoas, aos seus soños, dores e esperanzas. Quizais entón a partir de aí poidamos volver á empatía, á capacidade de movernos.[1]
Tempestad, que no 2016 recibiu o Premio Fénix ao mellor documental,[5] conta as historias reais de Miryam Carvajal, unha muller mexicana que pasou case un ano no cárcere de Matamoros acusada de tráfico humano, un crime que non cometeu, e de Aldela Alvarado, que busca a súa filla desaparecida.[6] "O que pasa en México está preto da guerra civil que se está a dar en Centroamérica", explica Huezo.
Os mecanismos do terror [no Salvador] son moi similares aos que se dan na actualidade en México. [...] Comezamos a ver cadáveres sen cabezas, o desenvolvemento do feminicidio na fronteira cos Estados Unidos. [...] Lamentablemente en América Latina atopamos unha corrupción xeneralizada, e a impunidade segue exercendo sobre a base dunha profunda desigualdade económica entre as persoas.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.