From Wikipedia, the free encyclopedia
O talento ático, tamén coñecido como talento ateniense ou talento grego ( do grego: τάλαντον, talanton, "escala", "equilibrio", "suma"), era unha antiga unidade de masa equivalente a 26 kg no sistema decimal, así como unha unidade do valor ou moeda de conta igual a esa cantidade de prata pura.[1][2][3]
Orixinariamente entendíase que o talento representaba a masa da auga necesaria para encher unha ánfora dun pé cúbico. A súa equivalencia en peso sitúase en 57 libras (26 quilogramos), aínda que Friedrich Hultsch estimou un peso de 26,196 kg e Dewald, en 1998, ofreceu a hipótese de 25,992 kg.[4][5]
O talento ático dividíase en 60 minas ou 6.000 dracmas, ou 36.000 óbolos.[6]
Como mostra do seu valor na época, durante a Guerra do Peloponeso pagábase un talento mensual á tripulación dun trireme de 200 remeiros, ou, ou o que é o mesmo, un dracma (ou 4,3 gr de prata pura) por remeiro e día.[7] Consonte listaxes de salarios de 377 a. de C., un talento era o soldo que dun traballador cualificado recibía por nove anos de traballo (algo máis de dous dracmas e medio diarios).[8]
As equivalencias do talento ático en minas e outras moedas daquela época son as seguintes:[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.