From Wikipedia, the free encyclopedia
Taking Tiger Mountain (By Strategy) é o segundo álbum en solitario do músico inglés Brian Eno, publicado en novembro de 1974 a través do selo Island Records. A diferenza do seu anterior traballo Here Come the Warm Jets, Eno usou unha banda nuclear de cinco instrumentistas (teclados, guitarras, baixo, batería epercusión) e menos músicos convidados. Tamén participou o guitarrista Phil Manzanera, que tocara con Eno en Roxy Music. Para axudar a guiar a produción do álbum, Eno e Peter Schmidt desenvolveron tarxetas de instrucións chamadas Oblique Strategies para usar a través do proceso creativo.
Taking Tiger Mountain (By Strategy) | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Brian Eno | ||||
Publicado | novembro de 1974 | |||
Gravación | setembro de 1974 | |||
Duración | 48:14 | |||
Xénero(s) | art rock, glam rock, avant-pop | |||
Selo(s) | Island Records | |||
Produtor | Brian Eno | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Taking Tiger Mountain (By Strategy) é unha especie de álbum conceptual con temas que van dende a espionaxe ata a Revolución Comunista Chinesa. A música do traballo ten un son alegre e animado pero con letras escuras. O álbum non entrou nas listas estadounidenses e británicas, pero tivo unha gran cobertura da prensa musical. Foi reeditado nunha versión remasterizada no ano 2004 por Virgin Records.
Tódolos temas escritos e compostos por Brian Eno, agás onde se indique.
Cara A | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "Burning Airlines Give You So Much More" | 3:18 | |||||||
2. | "Back in Judy's Jungle" | 5:16 | |||||||
3. | "The Fat Lady of Limbourg" | 5:03 | |||||||
4. | "Mother Whale Eyeless" | 5:45 | |||||||
5. | "The Great Pretender" | 5:11 |
Cara B | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
1. | "Third Uncle" | Eno; arranxada por Brian Turrington | 4:48 | ||||||
2. | "Put a Straw Under Baby" | 3:25 | |||||||
3. | "The True Wheel" | Eno, Phil Manzanera | 5:11 | ||||||
4. | "China My China" | 4:44 | |||||||
5. | "Taking Tiger Mountain" | 5:32 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.