álbum de estudio de Brian Eno From Wikipedia, the free encyclopedia
Another Green World é o terceiro álbum de estudio do músico británico Brian Eno. Producido polo propio Eno e Rhett Davies, editouno orixinalmente Island Records en setembro de 1975, como fixera con outros álbums anteriores, Eno traballou con varios músicos invitados como Phil Collins, John Cale e Robert Fripp. O álbum marcou unha gran mudanza musical en relación cos álbums anteriores de Eno. Utilizando como guía as Estratexias Oblicuas que creara xunto ao artista Peter Schmidt, o álbum contiña poucas cancións rock con letra, poñendo a énfase nas producións instrumentais.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Another Green World | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Eno | ||||
Publicado | setembro de 1975 | |||
Gravación | xullo-agosto 1975, Island Studios, Londres | |||
Duración | 40:24 | |||
Xénero(s) | Art rock, ambient, experimental | |||
Selo(s) | Island | |||
Produtor | Brian Eno, Rhett Davies | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O álbum non entrou nas listas de éxito nin no Reino Unido nin nos Estados Unidos e a crítica da época foi discordante. Nos últimos anos a recepción do álbum tornouse positiva, con críticos e publicacións frecuentemente colocando o álbum nas listas dos mellores álbums de todos os tempos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.