Satélite artificial de investigación estadounidense. From Wikipedia, the free encyclopedia
TRS 3 (Tetrahedron Research Satellite 3), tamén denominado ERS 6, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de maio de 1963 mediante un foguete Atlas-Agena B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]
TRS 3 / ERS 6 | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Destino actual | En órbita, fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 9 de maio de 1963[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas-Agena B[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Desenvolvemento de tecnoloxía e estudo do medio ambiente espacial.[2] |
NSSDC ID | 1963-014C |
Masa | 0,68 kg[2][6][7] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 10022 km[1] |
Inclinación | 87,3 graos[1] |
Apoapse | 3753,0 km[1] |
Periapse | 3549,1 km[1] |
TRS 3 foi o terceiro membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 3 foi lanzado xunto con outros satélites no mesmo foguete, incluído o TRS 2. Levaba un único experimento a bordo, idéntico ó de TRS 2, consistente en 132 células solares en diferentes configuracións para investigar os efectos que o espazo tiña nelas, aínda que tamén foi usado para estudar os efectos da presión da radiación solar na órbita do satélite.[1][2][3][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.