From Wikipedia, the free encyclopedia
TOMS-EP, acrónimo de Total Ozone Mapping Spectrometer - Earth Probe, é un satélite artificial da NASA lanzado nun foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 2 de xullo de 1996.[2][3][5][6]
TOMS-EP / Total Ozone Mapping Spectrometer - Earth Probe | |
---|---|
Representación de TOMS-EP. | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASA |
Contratistas principais | TRW |
Data de lanzamento | 2 de xullo de 1996, 7:48 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Pegasus XL[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da distribución de ozono na atmosfera terrestre.[3][6] |
NSSDC ID | 1996-037A |
Masa | 248 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7087 km[1] |
Inclinación | 98,1 graos[1] |
Apoapse | 735,5 km[1] |
Periapse | 696,9 km[1] |
A misión de TOMS-EP foi continuar as medicións da distribución de ozono e dióxido de xofre na atmosfera terrestre feitas por anteriores satélites, como o Nimbus 7 estadounidense e o Meteor 3 soviético. As medicións continuaron mediante satélites como ADEOS e Meteor 3M. Tiña unha altura de 1,73 m e 3,90 m de envergadura cos paneis solares estendidos, que xeraban unha potencia de ata 275 vatios. O satélite estabilizábase nos tres eixos.[3][5][6]
O lanzamento de TOMS-EP estaba programado para 1994, pero o fallo dos dous primeiros Pegasus XL atrasou o lanzamento a 1996, facendoo coincidir con ADEOS, que tamén se adicou a facer medicións do ozono e tería que ter sido o seu sucesor. TOMS-EP foi finalmente posto nunha órbita inferior á planeada para non recoller os mesmos datos que ADEOS e de paso facer medicións de maior resolución.[3][5][6]
O instrumento TOMS tiña unha masa de 35 kg e consumía 25 W de potencia de media. Facía medicións cunha resolución de 47 km no nadir e 62 km en xeral, recollendo datos en bandas de 2750 km de longo. Era capaz de facer 35 medicións cada 8 segundos.[3][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.