A troponina T tipo 2 (cardíaca) ou troponina T tipo 2 (TNNT2) é unha proteína que se encontra nos miofilamentos finos musculares do miocardio, que nos humanos está codificada no xene TNNT2 do cromosoma 1.[1][2] É unha das tres isoformas da troponina T; as outras dúas son TNNT1 e TNNT3. Esta isoforma exprésase no músculo cardíaco adulto. A troponina T únese á tropomiosina situándoa sobre os filamentos de actina do sarcómero muscular tapando os sitios da actina para a unión coa miosina, o que impide a contracción muscular. A troponina é un complexo proteico que regula a contracción muscular formado por tres subunidades, que son as troponinas T, C e I.

PDB 1j1d
Troponina T tipo 2 (cardíaca)
Identificadores
Símbolo TNNT2
Símbolos alt. CMH2
Entrez 7139
HUGO 11949
OMIM

191045

RefSeq NM_000364
UniProt P45379
Outros datos
Locus Cr. 1 q32

O xene TNNT2 ten 15 kb e 17 exóns. Orixínanse diversos transcritos deste xene por medio do uso de sitios aceptores alternativos e de splicing alternativo dos exóns 4, 5, 10, e 13.[3][4] As mutacións neste xene foron asociadas coa miocardiopatía hipertrófica familiar e coa miocardiopatía restritiva[5] e a miocardiopatía dilatada. As mutacións deste xene poden tamén estar asociadas cunha hipertrofia lixeira ou ausente e unha enfermidade restritiva predominante, con risco de ataque cardíaco súbito mortal.[5] O avance da miocardiopatía dilatada pode ser máis rápido en pacientes con mutacións no xene TNNT2 que nos que teñen mutacións no xene da cadea pesada da miosina.[6][7]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.