From Wikipedia, the free encyclopedia
En cardioloxía, a miocardiopatía restritiva é a menos común das miocardiopatías, aínda que tamén a máis grave. Está caracterizada pola rixidez do miocardio, que comporta unha limitación na capacidade do corazón para se dilatar e posteriormente echerse axeitadamente de sangue. A contractilidade e a ritmicidade do corazón pode ser normal, e tamén o seu tamaño. Porén, as ríxidas paredes dos ventrículos e das aurículas, non son quen de permitir que o sangue encha as cavidades cardíacas. É por iso que o gasto cardíaco vese reducido e o sangue que normalmente entraría no corazón e no sistema circulatorio. Co paso do tempo, os doentes de miocardiopatía restritiva desenvolven unha disfunción diastólica e, finalmente, insuficiencia cardíaca.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
As causas máis frecuentes dunha miocardiopatía restritiva inclúen a hemocromatose, amiloidose, sarcoidose, fibroelastose endocardíaca, unha fibrose miocárdica idiopática e a endocardite de Löffler. Pode resultar pouco doado distinguir entre unha cardiomiopatía restritiva e unha pericardite constrictiva.
A cardiomiopatía restritiva causa dificultade respiratoria, edema ou enchedura nos tecidos, trastornos do ritmo cardíaco e palpitacións. O diagnóstico fundaméntase na exploración física, o electrocardiograma (é frecuente a existencia dun bloqueo de feixe de His dereito e fibrilación auricular). O ecocardiograma dános o diagnóstico definitivo, podendo observar a anomalía anatómica no miocardio, válvulas ou outras localizacións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.