From Wikipedia, the free encyclopedia
O té verde é un té verdadeiro (feito con Camellia sinensis) que sofre pouca oxidación durante o seu procesamento.
Moi popular na China e no Xapón, hai pouco tempo comezou a consumirse con maior frecuencia no occidente, tradicional consumidor de té negro, debido tanto a unha tendencia orientalista, como ás propiedades antioxidantes que se lle atribúen.
Orixinalmente da China, o té levouse ao Xapón a través de monxes que viaxaban entre os dous países. Curiosamente, o verde foi o único té que se popularizou no Xapón. Porén foi, de maneira única, tornándose a bebida máis consumida do país, por riba de refrixerantes e bebidas alcólicas.
O té verde tamén se produce noutros países da Asia, inclusive en produtores tradicionais de té negro, como a India e Sri Lanka, mais con técnicas diferentes das xaponesas.
Fóra da Asia, debido á inmigración xaponesa, o té verde tamén se produce no sueste do Brasil, particularmente no estado de San Paulo. Aínda que existan marcas de calidade recoñecida, é común encontrar no Brasil baixo o nome de "chá verde" compostos de plantas que inclúen o mate. Iso débese á gran xeneralidade do termo "chá" usado no Brasil, que popularmente pode referirse a calquera infusión.
Para entender as variedades de té verde Xaponés, é necesario coñecer os diferentes tipos de plantío e procesamento.
Os tipos máis nobres de té verde veñen das follas de árbores parcialmente cubertas do sol, que ten o nome xenérico de Tencha. De acordo coa cualidade, e as características de cada té, os vasos condutores poden ser removidos, para conferir un padal máis agradábel.
Do restante da plantación, son feitos outros tés, considerados menos nobres, porén máis populares, e de preparación máis fácil.
A máis apreciada leva de té verde, Ichiban Cha, recóllese entre a primavera e o verán, máis ou menos no mes de maio, no hemisferio norte, e en setembro, no hemisferio sur. O período exacto depende de cada facenda, debido ás sutís diferenzas no clima e xeografía.
Antes da primavera, no comezo de marzo, no hemisferio norte, e de xuño, no hemisferio sur, as follas da árbore de té arráncanse, e delas faise o Banté de Primavera.
Entre vinte e trinta días antes da colleita, as árbores destinadas á produción de Gyokuro e Matcha cóbrense con cortinas especiais, chamadas Kanreisha, para illalas de contacto solar directo. Desa forma, ambos os tipos de té crecen cun aroma máis encorpado, unha cor máis verde, e un sabor máis doce e menos amargo, grazas á cantidade menor de taninos.
Despois ven a colleita, na cal é preciso saber tempo certo para coller as follas: coller antes do tempo certo acarretará en follas pouco maduras, e coller despois, mesmo só algúns días, irá tornar o té moito máis amargo, estragando a súa alta cualidade.
Para un té perfecto, como ocorre cos mellores Gyokuros e Matchas, as follas deberán ser recollidas manualmente, xa que, cunha máquina, será imposíbel separar as follas boas das ruins.
Durante o verán, prodúcense tés de cualidade inferior aos da primavera. No total fanse dúas colleitas, resultando no Nibancha e no Sanbancha.
Durante ese período, a árbore fica particularmente vulnerábel á competición doutras especies, incluíndo as malas herbas. As plantacións orgánicas sofren aínda máis, pois, sendo imposíbel arrancar automaticamente as invasoras de cada árbore, os criadores acaban tendo de retiralas manualmente, unha a unha.
Durante o outono, as árbores pódanse e fertilízanse, para que o solo se enriqueza lentamente durante seis meses, até chegar a primavera novamente.
Das follas retiradas nese período, faise o Banchá do outono, o último té do ano.
Durante o rigoroso inverno, non hai produción de té.
Os estudos indican que o té verde é rico en substancias antioxidantes, chamadas polifenois, que evitan a acción destrutiva das moléculas de radicais libres que dexeneran as células, auxiliando, por exemplo, no combate ao cancro e ao envellecemento.
O té verde tamén é rico en tanino que fai diminuír as taxas do LDL (colesterol malo) e fortalece as arterias e veas favorecendo a prevención de doenzas cardíacas e circulatorias. Posúe bioflavonoides e catequinas: substancias que bloquean as alteracións celulares que dan orixe aos tumores.
O té verde tamén posúe manganeso, potasio, ácido fólico, vitamina C, vitamina K, vitamina B1 e a vitamina B2.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.