Papuxa das amoras

From Wikipedia, the free encyclopedia

Papuxa das amoras

A papuxa das amoras[2] (Sylvia atricapilla) é unha pequena especie de ave do xénero Sylvia dentro da familia Sylviidae. É un pequeno paxaro de cor escura e discreta, chío agradable, voo áxil, comportamento activo e inquedo, que se alimenta de insectos e froitas. Habita principalmente no soutobosques e está amplamente distribuída por Europa. Trátase dunha papuxa común, e localmente abondosa, que está moi repartida por toda Galicia.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Papuxa das amoras
Sylvia atricapilla
Thumb
Macho adulto en Inglaterra

Thumb
Femia adulta

Estado de conservación
Thumb
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Sylvia
Especie: S. atricapilla
Nome binomial
Sylvia atricapilla
(Linnaeus, 1758)
Thumb
      Verán
      Residente todo o ano
      Inverno
(distribución aproximada)

      Verán
      Residente todo o ano
      Inverno
(distribución aproximada)
Pechar
Thumb
Cuculus canorus bangsi + Sylvia atricapilla

Descrición

Mide entre 13 e 15 cm de lonxitude, cunha envergadura de entre 20 e 23 cm, e un peso duns 14 a 20 g. Presenta o cranio lixeiramente aplanado. O peteiro (en ambos os dous sexos adultos) é de cor negra coa mandíbula inferior gris lousa. Os tarsos e mailos pés son gris azulado. O iris é de 3,5 mm de diámetro e de cor marrón claro.[3]

Plumaxe

A primeira ollada ten un aspecto discreto e insignificante, xa que a sobriedade da súa plumaxe permítelle pasar desapercibida para todo aquel que non aprenda a identificala, que a confundirán co pardal común cada vez que a vexan voar (ocorrendo isto máis veces do que cabe imaxinarse).

  • O macho, para quen sabe identificar esta especie, resulta inconfundible; o macho adulto presenta as súas partes superiores (laterais da testa, do pescozo e o peito) de cor verde oliva, ou ben pode describirse como un ton pardo cinsento. Os cadrís son gris claro. O ventre branco. A súa cola e as ás son dun gris negruzco. Obsérvase unha carapucha negra rechamante que non pasa os ollos.[4]
  • A femia diferénciase do macho principalmente pola carapucha que é parda ou marrón avermellada. O resto das partes superiores son pardo oliváceas, e os lados da cara son dunha cor agrisada. O peito e mais os laterais son dun ton máis pálido, algunhas veces riscados de cinsento, presentando sempre unha cor máis parda cá do macho.[4]
  • Os exemplares inmaturos son semellantes ás femias adultas, coa carapucha marrón xenxibre. Quizais se poida apreciar nas costas e lombo das ás unha cor máis avermellada cá nos adultos. A cor das partes inferiores, como son o peito e os laterais, preséntanse considerablemente máis escuros cá nos adultos.[4]

Nota: Apenas se observan diferenzas entre as distintas subespecies de Sylvia atricapilla, no entanto, morfoloxicamente si que poderían atoparse lixeiras diferenzas doadamente apreciables.

Distribución

Globalmente

É unha ave basicamente europea. Cría en case toda Europa, nas Illas Canarias, noroeste de África e Asia occidental. Migrador parcial. De presenza permanente nas Illas Británicas, no suroeste de Francia, en toda Italia, no suroeste dos Balcáns e en toda a Península Ibérica, onde se caracteriza por ser un dos paxaros máis abondosos a todos os niveis, aínda que no inverno aparecen en maior número coa chegada de multitude de aves que arriban cara finais de setembro e no mes de outubro, procedentes doutros puntos de Europa, xa que como é citado anteriormente case todo a continente forma parte da área de cría dos migrantes estivais.

As 9 subespecies existentes, distribúense do seguinte xeito:

  • S. a. koenigi (Jordans en 1923). É unha consideración na que existen desacordos, segundo a cal sería unha subespecie de pauluccii.

En España

En España localízanse 4 subespecies distintas de Sylvia atricapilla.

  • A nominal, S. atricapilla atricapilla, que se atopa amplamente espallada por toda a metade norte peninsular fóra dos espazos desforestados que se achan nas diferentes zonas da submeseta norte, Val do Ebro e nos páramos ibéricos.
  • Outra subespecie, S. atricapilla heineken, distribúese pola metade sur da Península Ibérica e Illas Canarias, localizándose de xeito máis fragmentado en puntos específicos e locais, cunha poboación en maior ou menor medida continuada ao longo de toda Serra Morena e Sistema Bético, aínda que non está presente no Val do Guadalquivir así como nunha ampla franxa que se espalla dende Cáceres, A Mancha e Albacete, continuando até as costas levantinas.
  • A subespecie S. atricapilla pauluccii, distribúese polas Illas Baleares (onde aparecen as poboacións máis occidentais), sendo menos frecuente en Eivissa e Formentera. Tamén se localiza esta subespecie en Canarias, criando en todas as súas illas, sobre todo en zonas ben forestadas con árbores desenvolvidas e soutobosque, no bordo inferior da laurisilva. Crese que cría en Ceuta e Melilla. Segundo o atlas nacional de Purroy (1997), atópase tamén en Serra Morena e no Sistema Bético.
  • Por último, a subespecie S. atricapilla obscura, que é endémica de Canarias.

Hábitat

É unha especie forestal que aniña en terreos arborados, umbríos e con denso soutobosque, aínda que tamén poden facelo en parques, sebes e xardíns con abondosa vexetación.

Altitudinalmente esta especie ocupa rangos moi dispares, dende o nivel do mar até os 1.500 m (en Tenerife), mesmo 1.700 m en Pireneos centrais ou os 1.800 no Sistema Central e 1.850 m nas Cordilleiras Béticas.[6]

Poboación e estado de conservación

A poboación mundial da papuxa das amoras considérase crecente. En Europa calcúlanse entre 25 e 49 millóns de parellas, con tendencia ó aumento. As poboacións locais desta especie poden oscilar en torno ó 50% ou incluso máis. Coñécese que poboacións en Alemaña e Austria aumentaron o número de parellas nos anos 80. Non obstante, localmente falando, noutros puntos concretos como pode ser o Arroyo de Calamocarro (Ceuta), onde se establece como unha ave residente común, estudos realizados entre os anos 1998 e 2007 indican que a poboación desta especie tan só se mantén estable, incluso con tendencia a un leve descenso a pesar do aumento progresivo da produtividade e unha taxa de recuperación neutra.

En España calcúlanse aproximadamente entre unhas 850.000 e 1.500.000 parellas (como poboación nidificante). A densidade de poboación en época de reprodución, medida en número de aves por cada 10 hectáreas (aves/10 ha), varía nas diferentes zonas e hábitats da Península Ibérica, sendo de entre 0'2 e 3'3 no norte peninsular, de entre 0'2 e 1'83 en bosques de faias ou de entre 0'24 e 0'7 en Pinus sylvestris do centro. As densidades vense aumentadas a entre 2'6 e 6'2 en Pinus pinaster do centro e a 6'6 en campiñas con vexetación arbustiva do centro, baixan a 1'7 en enciñares supramediterráneos do centro, aumentan a 7'6 en enciñares de montaña do sur peninsular e a 8'4 en carballeiras de montaña do sur, así como baixa a entre 0'3 e 2 en parques urbanos do centro peninsular. En Salamanca calcúlanse densidades de entre 1'2 e 2'5 de aves por cada 10 ha. En Galicia estímanse entre 2'8 e 6'9 aves por cada 10 ha.[6]

Na actualidade, a papuxa das amoras considérase globalmente no mundo como unha especie fóra de perigo en canto ó seu estado de conservación, clasificándose como unha especie LC (Least Concern ou Preocupación Menor), e por tanto é unha especie non incluída na Lista Vermella da UICN (1996).[6]

En España a papuxa das amoras é considerada unha especie con categoría de "Interese Especial" (segundo o Real Decreto 439/1990), no Catálogo Nacional de Especies Amenazadas elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente, constando como especie "Non Ameazada" no Libro Rojo de los Vertebrados de España (1992).[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.