Matemática e escritora española From Wikipedia, the free encyclopedia
Susana Mataix Hidalgo, nada en Pontevedra o 19 de xaneiro de 1950, é unha escritora e matemática española, especializada na divulgación da Ciencia e as Matemáticas, e a súa relación coa literatura e a arte. Viviu o mundo da ciencia desde a súa infancia a través do seu pai o científico Mariano Mataix Lorda.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 Pontevedra |
Residencia | Alacant |
País de nacionalidade | española |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Eugenio Triana |
Fillos | Eugenio Triana |
Mataix naceu en Pontevedra debido ao destino profesional do seu pai nese momento. Trasladouse a Barcelona para estudar Ciencias Exactas na Universidade de Barcelona no ano 1972, lugar no que se licenciou. Posteriormente trasladouse a vivir a Madrid, onde realizou un mestrado en Administración de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid no ano 1985. Nesta cidade viviu até o ano 2014, momento en que se trasladou a Alacante xunto ao seu marido, o político e tamén científico Eugenio Triana.[1][2]
Leva traballado en empresas do sector enerxético e das telecomunicacións en Francia, os Estados Unidos e España.[3]
Foi directora da Exposición “Procesos: Cultura e Novas Tecnoloxías” que inaugurou a primeira etapa do Centro de Arte Raíña Sofía de Madrid no ano 1986. Esta exposición internacional albergou obras de artistas traballando con tecnoloxía, dende os pioneiros, a artista Sonia Sheridan, o cineasta pioneiro José Val do Omar, o videoarte, a electrografía, a música electrónica, o debuxo asistido por ordenador etc.[4]
Forma parte do comité técnico da Fundación García Cabrerizo que outorga premios a investigadores españois,[5] e da xunta directiva da asociación sociocultural internacional dedicada á ciencia e a arte denominada ArSciencia. Esta asociación foi fundada no ano 2013 en Santiago de Compostela, España.[6]
Varios dos seus libros forman parte do programa de ensino das matemáticas en diversos centros, polo seu carácter divulgativo, a metade de camiño entre a ficción e a ciencia.[3][7]
Pioneiras da física, a enxeñaría e a innovación. Xornadas: A muller na enxeñaría, 2011: páx. 9-14. ISBN: 978-84-9749-472-4[8][9]
Dúo Matemático é unha obra compartida co seu pai o científico Mariano Mataix Lorda. ISBN 84-267-1005-0[10][11]
Matemática es nombre de mujer publicouse no ano 1999. Este libro afonda nas testemuñas de algunhas mulleres científicas e as dificultades que tiveron que superar para desenvolver as súas carreiras de investigación. Conta no libro unha historia novelada das matemáticas a través das confesións de oito mulleres que destacaron nesta disciplina. Dende Hypatia, unha profesora grega, á matemática alemá Emmy Noether, editorial Rubes ISBN 84-497-001 4-0[12][13]
Lee a Julio Verne: El amor en tiempos de criptografía editorial Rubes ISBN:9788449700156.[14][15]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.