astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Sunita Williams (Pandya) nada en Euclid (Ohio) o 19 de setembro de 1965 é unha astronauta estadounidense [1] que mantivo o récord feminino de estancia máis longa no espazo nunha única misión con 195 días,[2] ata o 11 de xuño de 2015, cando a astronauta italiana Samantha Cristoforetti superouna cunha estadía de 200 días na Estación Espacial Internacional.[3] Williams foi asignada á Estación Espacial Internacional como membro da Expedición 14 e a Expedición 15. En 2012, serviu como enxeñeira de voo na Expedición 32 e logo como comandante da Expedición 33.
Sunita Williams é filla de Deepak Pandya e Bonnie Pandya, que vivían en Falmouth, Massachusetts. O seu pai é un recoñecido neuroanatomista de ascendencia india, e súa nai procede de Eslovenia.
Sunita asistiu á Needham High School en Needham, Massachusetts, graduándose en 1983. En 1987 licenciouse en Ciencias Físicas pola Academia Naval dos Estados Unidos, e en 1995 completou un máster en Ciencias con especialización en Enxeñaría de Xestión polo Instituto Tecnolóxico de Florida.[4]
É capitán da Mariña. Durante a súa carreira militar pilotou e foi instrutora no manexo de helicópteros de combate, e prestaba servizo a bordo do portaavións "Saipan" cando en 1998 foi elixida para a súa formación como astronauta.
Sunita Williams foi entrevistada directamente desde a Estación Espacial Internacional durante o evento "Youtube Space Lab" en 2012.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.