Spirillum
From Wikipedia, the free encyclopedia
En microbioloxía Spirillum é o nome dun xénero de bacterias gramnegativas da clase Betaproteobacteria con células de forma espiral (espirilos),[1] que xeralmente viven en augas encoradas ricas en materia orgánica. Anteriormente o xénero tiña moitas especies[2]pax.56-57, que foron despois separadas, e actualmente só hai dúas especies seguras no xénero: Spirillum volutans e Spirillum winogradskyi.[3]
- Este artigo trata sobre o xénero bacteriano Spirillum. Para as bacterias con forma espiral ver espirilo.
Spirillum | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Spirillum | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Spirillum é o único xénero da familia Spirillaceae (Espiriláceas)[4], e S. volutans é a especie tipo do xénero. Dáse a circunstancia de que a cepa tipo ATCC 19554 da especie S. volutans xa non se conserva, polo que se propuxo que a nova especie tipo do xénero sexa S. winogradskyi.[5]
Inicialmente dentro do xénero Spirilum incluíanse moitas máis especies con forma espiral, que despois foron pasándose a outros xéneros. Unha delas, que aínda se menciona na literatura, é a especie Spirillum minus, descrita como espirilo ou espiroqueta, cuxa posición taxonómica é insegura e non aparece xa na lista actual da LPSN.[1] Esta bacteria está asociada á febre por mordedura de rata[6][7]. Este espirilo foi inicialmente encadrado no xénero Spirilum (por Carter en 1888, e chamóuselle ao principio S. minor[8]), pero parece que está máis relacionado con Aquaspirillum ou Campylobacter.[2]pax.63-66
Características
O xénero comprende formas alongadas que teñen penachos de flaxelos en ambos os polos da célula, que forman fascículos agregados que semellan un só flaxelo (uns 75 flaxelos por fascículo en S. volutans[2]pax.84). Os penachos de flaxelos móvense formando conos de revolución orientados, que poden inverterse cando a célula nada noutra dirección, e fan que toda a célula rote como un sacarrollas[2]pax.84. Teñen forma espiralada e son ríxidas (as espiroquetas, que teñen forma similar, son flexibles). Son aeróbicas cun metabolismo estritamente respiratorio, pero microaerófilas e non fermentan carbohidratos. Teñen de 1,4 a 1,7 μm de diámetro e poden chegar a 60μm de lonxitude,[2]páx.58 polo que son extraordinariamente longas con respecto ao seu diámetro. Presentan gránulos de poli-beta-hidroxibutirato [2]pax.58.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.