misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz TM-5 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 7 de xuño de 1988 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz TM-5 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-5. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 7 de xuño de 1988, 14:03 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 91,45 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 7 de setembro de 1988[1][6] |
NSSDC ID | 1988-048A |
Masa | 7000,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-5, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Anatoli Soloviev, Viktor Savinikh e Aleksandr Panaiotov Aleksandrov (o primeiro cosmonauta búlgaro) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]
A tripulación da Soiuz TM-5 regresou a terra na Soiuz TM-4 o 17 de xuño de 1988 ás 10:13 GMT, aterrando a uns 202 km ao sueste de Dzhezkazgan (Casaquistán), deixando a súa nave como substituto máis novo. A propia Soiuz TM-5 regresou o 7 de setembro de 1988, con outra tripulación a bordo.[2][3][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.