misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz TM-31 foi a primeira misión espacial tripulada á Estación Espacial Internacional, lanzada o 31 de outubro de 2000 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz TM-31 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-31. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 31 de outubro de 2000, 7:52 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 186,91 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6] |
Regreso | 6 de maio de 2001[1][6] |
NSSDC ID | 2000-070A |
Masa | 7000,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-31, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Gidzenko, Sergei Krikalev e William Shepherd (a chamada Expedición Un) a bordo, foi a primeira misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A nave acoplouse co porto traseiro do módulo Zvezda. Durante a misión a tripulación activou os sistemas de Zvezda, realizou tarefas de mantemento, recibiu a visita das naves de carga Progress M1-4 e Progress M-44 e comezaron a facer algúns experimentos. Durante a súa estancia tamén se acoplou o transbordador espacial Atlantis durante a misión STS-98 para levar o módulo Destiny á estación, así como a STS-102, correspondente ao Discovery.[2][3][4][5]
A Soiuz TM-31 regresou a terra o 6 de maio de 2001.[2][3][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.