misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz TM-17 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 1 de xullo de 1993 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz TM-17 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-17. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 1 de xullo de 1993, 14:32 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 196,74 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 14 de xaneiro de 1994, 8:19 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1993-043A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-17, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Jean-Pierre Haigneré, Aleksandr Serebrov e Vasili Tsibliiev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. Durante a súa estancia, na noite do 12 ao 13 de agosto, producise o máximo da choiva das Perseidas, que para ese ano predeciuse moi intenso. En consecuencia mantívose a alerta en terra por se fora necesario un regreso de emerxencia desde a estación e os equipos de rescate necesitaran movilizarse de inmediato. A choiva non tivo consecuencias graves para a estación, que rexistrou dez impactos contra as xanelas mentres que os sensores mediron un fluxo de partículas 2000 veces superior ao normal. Despois da choiva os cosmonautas fixeron un paseo espacial para revisar o exterior da Mir.[2][3][4][5]
Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-19 e a Soiuz TM-18.[2][3][4][5]
O 14 de xaneiro a Soiuz TMA-17 desacoplouse da Mir para volver á Terra. Antes fixo un voo arredor da Mir para examinala, como era costume, pero debido a unha configuración errónea da nave acabou impactando levemente contra o módulo Kristall. O piloto, Tsibliyev, retomou o control da Soiuz e evitou danos maiores. O exame tanto da estación como da Soiuz non mostrou danos graves. A Soiuz regresou a terra ese mesmo día ás 8:19 GMT.[2][3][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.