From Wikipedia, the free encyclopedia
Soichi Noguchi (野口聡一 Noguchi Sōichi), nado o 15 de abril de 1965 en Iocoama, é un enxeñeiro aeronáutico e astronauta xaponés. Foi o quinto xaponés en viaxar ao espazo.
Nome orixinal | (ja) 野口 聡一 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de abril de 1965 (59 anos) Iocoama, Xapón |
Educación | Universidade de Toquio |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, enxeñeiro |
Tempo no espazo | 344 días, 9 horas e 33 minutos |
Misión do astronauta | –Expedição 22 (pt) –Expedição 23 (pt) –STS-114 Soiuz TMA-17 –SpaceX Crew-1 (pt) –Expedição 64 (pt) –Expedição 65 (pt) |
Premios | |
Aínda que nado en Yokohama, pasou a súa infancia na cidade de Chigasaki. Entre 1984 e 1989 estudou na Universidade de Toquio onde se licenciou e doutorou en Enxeñería Aeronáutica[1]. Despois de graduarse, Noguchi traballou para a empresa Ishikawajima-Harima, na área de I+D do seu departamento de aeronáutica e traballou no deseño de aerodinamicidade de avións comerciais[2].
A Noguchi seleccionárono como candidato a astronauta na Axencia Xaponesa de Exploración do Aerospazo en xuño de 1996. Dous meses despois comezou o seu adestramento nas instalacións da NASA en Johnson Space Center. Ao cabo de dous anos obtivo a cualificación de especialista de misión, e marchou a Rusia a proseguir a súa fomarción no Centro Gagarin de Adestramento de Cosmonautas en 1998. Incorporouse ao equipo técnico do módulo xaponés da Estación Espacial Internacional e en abril de 2001, como tripulante da STS-114.
Noguchi foi en 2009 na tripulación da Soiuz TMA-17[2]. Cando estaba no espazo, en viaxes desenvolvidas en 2010, tomou diversas fotografías da Terra e publicounas en Twitter, a través de Twitpic. Entre esas fotos estaba unha da ría de Vigo[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.