From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedade Británica da Medalla de Arte (en inglés British Art Medal Society —BAMS—), é unha entidade creada no Reino Unido en 1982 coa finalidade de promover a arte da medalla a través de encargas, exposicións, publicacións e eventos diversos.
Sociedade Británica da Medalla de Arte — British Art Medal Society | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | BAMS |
Propósito | Promoción da arte da medalla. |
Campo de traballo | Medallística, numismática. |
Data de fundación | 1982 |
Fundador(es) | Mark Jones e Ron Dutton. |
Presidente/a | Julian Cross. |
Organización relacionada | Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM). |
País | Reino Unido |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade está afiliada á Federación Internacional da Medalla de Arte.[1]
Mark Jones, daquela conservador xefe do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, e Ron Dutton, medallista e escultor, foron as persoas clave na creación da sociedade,[2] cando en 1982 se anunciou a súa formación no número do 19 de maio da publicación periódica numismática estadounidense Coin World.[3]
Desde a súa creación, unha das actividades máis salientables da Sociedade é a encarga de medallas a diversos escultores contemporáneos (como Lynn Chadwick, Nigel Hall ou Michael Sandle), a deseñadores de moedas (como Ron Dutton, Robert Elderton ou Michael Rizzello), a xoieiros (como Kevin Coates, Jacqueline Stieger ou Fred Rich), e a outros artistas (como o caricaturista Ronald Searle ou o poeta Hamilton Finlay). A posibilidade de adquirir estas medallas é exclusiva dos membros da Sociedade.[4]
Nos eventos e nas reunións periódicas da BANS préstase orientación e asesoría tanto a particulares como a entidades.[4]
A Sociedade ten un programa dedicado especialmente aos estudantes e aos medallistas do Reino Unido que se achen no inicio das súas carreiras, que se complementa coa concesión dos Premios BAMS ás mellores propostas para medallas presentadas por artistas novos, que levan consigo tamén a emisión da medalla proposta.[5]
A revista da BANS, The Medal, ten unha publicidade semestral, cun número en primavera e outro en outono. Nela publícanse artigos ilustrados acerca de medallas históricas e contemporáneas, así como noticias de actualidade relacionadas co mundo da medalla.[4][6]
Ademais da revista, a Sociedade ten publicados diversos traballos monográficos sobre a arte da medalla, entre as que cabe salientar as seguintes:
Desde 2009 e ata 2013, a Sociedade Británica da Medalla de Arte outorgaba conxuntamente estes dous premios, e a partir dese ano a súa concesión pasou a ser separada. Os gañadores do premio conxunto foron os seguintes:[7]
Trátase da máxima honra da BAMS, que recoñece con ela as contribucións sobresalientes realizadas á promoción e á comprensión da arte medallística.[4] Concédese a persoas e organizacións que demostrasen un compromiso constante co estudo das medallas históricas ou coa produción de medallas contemporáneas.[7]
O Premio Marsh para o Fomento da Arte da Medalla[4] está xestionado polo Marsh Charitable Trust en colaboración coa BAMS. O seu obxectivo é recoñecer a contribución significativa dunha persoa ou organización á comprensión, a apreciación e o fomento da arte da medalla.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.