Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedad Deportiva Logroñés é un club de fútbol de España, da cidade de Logroño. Foi fundado o 4 de xuño de 2009 e actualmente xoga na Terceira División Española.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
SD Logroñés | ||
---|---|---|
Nome | Sociedad Deportiva Logroñés | |
Fundación | 4 de xuño de 2009 (15 anos) | |
Estadio | Las Gaunas, Logroño, España | |
Inauguración | 2002 | |
Capacidade | 1.275 | |
Presidente | Eduardo Guerra Díez | |
Adestrador | Agustín Abadía | |
Liga | 3ª – Grupo 16 | |
2013–14 | 17º (2ªB - Grupo 1) | |
Na rede | ||
http://www.sdlogrones.com/ | ||
| ||
Despois do descenso do histórico Club Deportivo Logroñés o 18 de xaneiro de 2009 a Rexional Preferente, xurdiu un novo proxecto futbolístico en Logroño denominado Club Puerta Cero. O proxecto debeu o seu nome ás sucesivas reunións que socios, peñistas e afeccionados blanquirrojos celebraban na Porta 0 do Estadio Las Gaunas tras o descenso do Club Deportivo Logroñés, co obxectivo de crear desde a base un novo equipo que o substituíse.
O 4 de xuño de 2009 celebrouse unha Asemblea Constituínte, na que se aprobaron os estatutos do club, o orzamento e a xunta directiva, e votáronse entre as diversas opcións presentadas para elixir o nome, o escudo e o equipamento definitivos.
O 5 de setembro de 2009 xogou o seu primeiro partido oficial vencendo ao Ciudad de Alfaro por 1 a 4. A falta de nove xornadas para o final da liga, conseguiu o ascenso matemático a Terceira División o 3 de abril de 2010. O 5 de xuño acabou a tempada cun total de 118 puntos ao conseguir 39 vitorias e un empate, ademais de 177 goles a favor e 27 en contra.
Na súa primeira tempada en Terceira, terminou a liga empatado a 88 puntos co Náxara, pero cun peor resultado nos dous partidos xogados entre eles, concluíndo xa que logo en segunda posición. Na fase de ascenso conseguiu eliminar a Granadilla e Villaviciosa, pero caeu eliminado na final contra a Gimnástica Segoviana.
Na tempada 2011-12, proclámase campión de Terceira. Xoga a fase de ascenso e sobe a Segunda B tras gañar por un resultado global de 4-3 ao Peña Sport.
O Estadio Las Gaunas é o estadio de fútbol onde xoga os seus partidos o SD Logroñés.
Tras xogar durante o seu primeiro ano de historia en Las Gaunas, o concello de Logroño decidiu sacar a concurso a cesión e explotación do campo, concedéndolla finalmente á Unión Deportiva Logroñés, polo que a SDL pasou a disputar os seus partidos no estadio Mundial 82. A UDL rompeu ese convenio de cesión do campo en agosto de 2012, volvendo así a SD Logroñés a dispoñer do estadio xogando como local e compartíndoo coa UDL. A SD Logroñés instalou as súas oficinas en Las Gaunas, tamén compartidas coa UDL a primeiros de outubro de 2012.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.