filme británico de 2008 From Wikipedia, the free encyclopedia
Slumdog Millionaire é un filme británico de 2008 dirixido por Danny Boyle, en colaboración con Loveleen Tandan, e escrito por Simon Beaufoy, adaptando a novela Q & A (2005) do escritor indio Vikas Swarup.
Slumdog Millionaire | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Slumdog Millionaire |
Director | Danny Boyle |
Produtor | Christian Colson |
Guión | Simon Beaufoy |
Baseado en | Q & A de Vikas Swarup |
Intérpretes | Dev Patel Freida Pinto Madhur Mittal Anil Kapoor Ayush Mahesh Khedekar Tanay Chheda Irrfan Khan Rubina Ali Tanvi Ganesh Lonkar Azharuddin Mohammed Ismail Ashutosh Lobo Gajiwala |
Música | A. R. Rahman |
Fotografía | Anthony Dod Mantle |
Montaxe | Chris Dickens |
Estudio | Celador Films Film4 Productions |
Distribuidora | Pathé (RU) Fox Searchlight Pictures Warner Bros. Pictures (USA) |
Estrea | 2008 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Drama, Romántico |
Orzamento | $15.000.000 |
Recadación | $377.910.544 |
Na rede | |
http://www.slumdogmillionairemovie.co.uk | |
Os actores principais son Dev Patel e Freida Pinto. O filme, filmado na India, foi lanzado o 12 de decembro de 2008. Conta a historia dun mozo dos arrabaldes de Mumbai que aparece en Kaun Banega Crorepati, a versión india de Who Wants to Be a Millionaire?, superando as expectativas da xente, a pesar das sospeitas do presentador e dos policías.
Conseguiu catro premios nos Globos de Ouro e 8 Oscars de 2009.
Jamal Malik (Dev Patel) é un adolescente pobre de Mumbai que participa na versión hindú do programa Quen quere ser millonario?. A piques de conseguir 20 millóns de rupias, que é o premio máximo do concurso, o rapaz é interrogado pola policía, que sospeita que está facendo trampas. Pero para cada unha das preguntas, Jamal ten unha resposta.
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.